Antonio Banderas

actor español

José Antonio Domínguez Banderas, nado en Benalmádena (Provincia de Málaga) o 10 de agosto de 1960, é un actor andaluz. É o intérprete masculino máis internacional de España e está considerado como unha estrela do panorama cinematográfico de Hollywood. De feito, Antonio Banderas foi o primeiro actor español que conseguiu estabilizarse no cine estadounidense.

Infotaula de personaAntonio Banderas

(2020) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Antonio Domínguez Banderas Editar o valor em Wikidata
10 de agosto de 1960 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Málaga, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMálaga Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscuela Superior de Arte Dramático de Málaga (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo España Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncantante , modelo , actor , director de cinema , produtor de cinema , actor de cinema , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1979 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
SAG-AFTRA (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMelanie Griffith (1996–2014)
Ana Leza (1987–1996)
ParellaNicole Kimpel (pt) Traducir (2014–) Editar o valor em Wikidata
FillosStella Banderas (pt) Traducir
 () Melanie Griffith Editar o valor em Wikidata
PaiJosé Domínguez Prieto (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webantoniobanderas.me Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0000104 Allocine: 6226 Rottentomatoes: celebrity/antonio_banderas Allmovie: p3682 0 Metacritic: person/antonio-banderas TV.com: people/antonio-banderas IBDB: 95453
Facebook: AntonioBanderas Twitter: antoniobanderas Instagram: antoniobanderasoficial BNE: XX1109155 Last fm: Antonio+Banderas Musicbrainz: 106ef9a7-6e05-46af-8ab2-7fc78ca0105a Discogs: 276697 Allmusic: mn0000587204 WikiTree: Dominguez-108 Editar o valor em Wikidata

Con máis de vinte e cinco anos de traxectoria profesional, ten unha fama internacional que non se esvaeceu desde que a comezos dos anos noventa se lanzase ao abismo do cine norteamericano. Estivo casado coa tamén estrela de Hollywood Melanie Griffith.

Foi o primeiro actor español en ser nomeado aos Globos de Ouro, aos Premios Tony e aos Premios Emmy. En 2015 recibiu o Premio Goya de Honra e en 2019 foi galardoado co Premio ao mellor actor do Festival de Cannes por Dolor y gloria, de Pedro Almodóvar.[1]

Traxectoria

O seu pai foi comisario de policía e a súa nai mestra de educación sexual. Estudou na Escola de arte dramática da capital da Costa do Sol. A súa vocación levouno ata Madrid, onde con 19 anos actúa en pequenos teatros durante a época da movida madrileña. Os seus comezos no cine e os seus primeiros éxitos débellos ao famoso director de cine Pedro Almodóvar durante a década dos 80, grazas ao cal recibe dúas candidaturas aos Premios Goya polas películas Matador (1986) e ¡Átame! (1989). Realizou con el cinco películas, algunhas delas con grandes éxitos como foron La ley del deseo (1987) ou Mujeres al borde de un ataque de nervios (1988), que foi nomeada ao Oscar como mellor película de fala non inglesa.

Grazas ás películas de Almodóvar, o nome de Antonio Banderas empeza a facerse popular nos círculos cinéfilos de medio mundo. Unha afortunada aparición no filme documental Truth or dare lanza a Banderas á fama; todos preguntan quen é ese "latin lover" que volve tola a Madonna e que ela non consegue seducir (estaba casado).

En 1988 casa con Ana Leza; divórcianse en 1996. Posteriormente contrae matrimonio coa actriz norteamericana Melanie Griffith, á que coñece durante a rodaxe da película Two Much do cineasta español Fernando Trueba. A parella ten unha filla, Stella del Carmen, e os tres residen en Hollywood, onde o actor emprende unha proveitosa carreira cinematográfica. É o actor máis famoso do país, e un dos máis importantes dos actores latinos.

Antonio Banderas escalou posicións no cine norteamericano en poucos anos, con papeis de co-protagonista en The Mambo Kings, Interview with the Vampire: The Vampire Chronicles (xunto a Brad Pitt e Tom Cruise), Original Sin (con Angelina Jolie) e Evita (con Madonna), onde aborda un papel musical con difíciles cancións. Alén disto, cantou un tema para a banda sonora de Desperado e un dueto con Tina Turner.

Co seu éxito, atrévese ademais como director de cine con películas como Crazy in Alabama 1999, a cal protagoniza a súa propia muller e a recente El camino de los ingleses, cuxa rodaxe se desenvolveu en Málaga. Tamén puxo voz ao personaxe do Gato con Botas na segunda e terceira partes da exitosa película de animación Shrek e está previsto que o faga nas seguintes secuelas que se preparan.

Un dos seus últimos traballos como actor é The Legend of Zorro, estreada en 2005 e coa que se suma a outras moitas películas sobre este heroe enmascarado. Tamén obtivo un grande éxito comercial coas tres entregas de Spy Kids e participou no filme Frida sobre a coñecida artista mexicana Frida Kahlo á que deu vida Salma Hayek.

Como empresario, Antonio Banderas, xunto co seu irmán, emprendeu unha serie de negocios como investidor en diferentes empresas andaluzas ou en restaurantes como "La Posada de Antonio" utilizando a súa proxección internacional como medio de publicidade en Estados Unidos.

Foi nomeado Fillo Predilecto da Provincia de Málaga o 7 de xuño de 2005.

Semana Santa

Adoita acudir coa súa familia cada ano á Semana Santa Malagueña, autodenominase confrade. É membro das Cofrarías Fusionadas de San Xoán, onde participa como Mordomo do Trono da Virxe de Bágoas e Favores, o Domingo de Ramos, engadir que compuxo a letra da Márcha "Lágrimas de San Juan" de Abel Moreno, Marcha que se converteu nun Himno á Virxe de Bágoas e Favores e é cantado polos Homes de Trono no transcurso da Procesión. Tamén leva sobre os seus ombreiros a Virxe da Esperanza cada noite de Xoves Santo, e confésase crente.

Filmografía

Filmografía como director

  • Crazy in Alabama (Locos en Alabama) (1999)
  • El camino de los ingleses (2006)

Premios

AnoCategoríaPelículaResultado
2019Mellor actorDolor y gloriaGañador
AnoCategoríaPelículaResultado
2014Premio Goya de honraGañador
1996Premio Goya á mellor interpretación masculina protagonistaTwo MuchCandidato
1990Premio Goya á mellor interpretación masculina protagonista¡Átame!Candidato
1986Premio Goya á mellor interpretación masculina secundariaMatadorCandidato
AnoCategoríaPelículaResultado
1993Mellor actor de cine¡Dispara!Candidato
1992Mellor actor de cineUna mujer bajo la lluvia e The Mambo KingsCandidato
1990Mellor actor de cine¡Átame!, La blanca paloma e Contra el vientoGañador
1990Mellor actor de televisiónLa mujer de tu vida: La mujer felizCandidato
1988Mellor actor de cineAsí como foran, Mujeres al borde de un ataque de nervios e O pracer de matarGañador
1987Mellor actor de cineLa ley del deseo e Delirios de amorCandidato
1985Mellor actor de cineCaso cerrado, La corte del faraón e Réquiem por un campesiño españolGañador
AnoCategoríaPelículaResultado
2004Globo de Ouro ó mellor actor - Miniserie ou telefilmeAnd starring Pancho Vila as himselfCandidato
1999Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musicalA máscara do ZorroCandidato
1997Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musicalEvitaCandidato

Premios do cine europeo

AnoCategoríaPelículaResultado
1998Premio da audiencia ó mellor actor protagonista de cineA máscara do ZorroGañador
AnoCategoríaPelículaResultado
2003Mellor actor principal nun musicalNineCandidato
AnoCategoríaPelículaResultado
2004Outstanding lead actor in a miniseries or a movieAnd starring Pancho Vila as himselfCandidato

Premios Mocidade

AnoCategoríaPelículaResultado
2006¡Que actorazo!Take the leadGañador
2005¡Que actorazo!The Leyend of ZorroGañador

Véxase tamén

Ligazóns externas