Anthurium

xénero de plantas

Anthurium

Anthurium sp.
Clasificación científica
Reino:Plantae
(sen clasif.)Anxiospermas (clado)
(sen clasif.):Monocots (clado)
Orde:Alismatales
Familia:Araceae
Tribo:Anthurieae
Xénero:''Anthurium''
Schott
Especies

Ver lista de especies

Sinonimia[1]
  • Podospadix Raf.
  • Strepsanthera Raf.

Anthurium é un xénero con aproximadamente 1 000[2][3] especies de plantas con flor, que é o maior xénero da familia, Araceae.[2][4] .[5][6][7]

O xénero é nativo das Américas, onde está distribuída desde o norte de México ao norte da Arxentina e partes do Caribe.[8]

Anthurium flamingo

Descrición e bioloxía

Anthurium é un xénero de plantas herbáceas que a miúdo crecen como epífitas sobre outras plantas, pero outras son terrestres. As follas están frecuentemente agrupadas e son de forma variable. A inflorescencia leva pequenas flores que son hermafroditas. As flores están contidas en densas espirais sobre un espádice. O espádice adoita ser alongado como unha barra, pero pode ter tamén forma globosa ou de maza. Baixo o espádice está a espata, un tipo de bráctea. Esta é de forma variable, pero en moitas especies é lanceolada. Pode estenderse cara a fóra en forma plana ou curvada. Ás veces cobre o espádice como unha caparuza. As froitas desenvólvense sobre o espádice a partir das flores. Son bagas con moito zume, varían en cor e xeralmente conteñen dúas sementes.[9]

O espádice e a espata son as partes que máis importan aos cultivadores de Anthuirium, que desenvolveron distintos cultivares de rechamantes cores e formas únicas. Anthurium scherzerianum e A. andraeanum son dous dos taxons máis comúns para o cultivo, e as únicas especies que teñen espatas vermellas. Tamén se crearon cultivares que producen espatas de moitas outras cores e padróns.[10]

Os Anthurium son velenosos debido aos cristais de oxalato de calcio que conteñen. O seu zume é irritante para a pel e ollos.[4]

Cultivo

Anthurium andraeanum Princess Amalia Elegance

Igual que outros aroides, moitas especies de Anthurium poden cultivarse como plantas de interior ou ao aire libre en climas suaves en zonas sombrías. Inclúen formas como A. crystallinum f peltifolium coas súas follas grandes e aveludadas de cor verde escura e de venación prateada. De A. andreanum ou A. scherzerianum deriváronse moitos híbridos debido ás súas aprezadas espatas coloreadas. Prosperan en solos húmidos con moita materia orgánica. En climas máis suaves as plantas poden cultivarse en macetas. As plantas de interior prosperan a temperaturas entre 16 °C e 22 °C e con menos luz que outras plantas de interior. Poden limparse as follas con auga para quitar o po ou insectos acumulados. Ás plantas en macetas con bos sistemas radiculares vénllas ben regalas cunha solución fertilizante débil cada dúas semanas. No caso dos Anthurium gabeadores é bo poñerlles un pau para que gabeen.

Propagación

Anthurium pode propagarse por sementes ou de forma vexetativa por esgallos. No comercio de Anthurium, a maior parte da propagación faise por cultivo de tecidos.[11]

Especies

Para ver unha lista completa, ver a Lista de especies de Anthurium.

Inflorescencia de Anthurium scherzerianum

En 1860 coñecíanse 183 especies de Anthurium, e Heinrich Wilhelm Schott agrupounas en 28 seccións no libro Prodromus Systematis Aroidearum.[12] En 1905 o xénero foi revisado e describíronse 18 seccións.[13] En 1983 o xénero foi dividido nas seguintes seccións:[14]

  • Belolonchium
  • Calomystrium
  • Cardiolonchium
  • Chamaerepium
  • Cordatopunctatum
  • Dactylophyllium
  • Decurrentia
  • Digitinervium
  • Gymnopodium
  • Leptanthurium
  • Pachyneurium
  • Polyphyllium
  • Polyneurium
  • Porphyrochitonium
  • Schizoplacium
  • Semaeophyllium
  • Tetraspermium
  • Urospadix
  • Xialophyllium

Galería

Notas