Andrea Saccocci

numismático italiano

Andrea Saccocci, nado en Monte San Savino, Arezzo, en 1953, é un numismático italiano.

Infotaula de personaAndrea Saccocci
Biografía
Nacemento1953
Monte San Savino, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItaliano.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Lugar de traballo Udine Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónnumismático , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversity of Udine (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Premios
(2007): Jeton de Vermeil (SFN).

Dialnet: 2150164

Traxectoria

Entre 1982 e 1992, Andrea Saccocci ocupou o posto de conservador do Museo Cívico Bottacin, de Padua.[1]

A partir de 1992 comezou a exercer a docencia de Numismática na Università degli Studi di Udine, en Padua, desde 2002 como profesor titular.[1][2][3]

Entre outras entidades asociativas, Saccocci é membro da Sociedade Numismática Italiana e desde 2001 forma parte do seu consello directivo. Nesta entidade, desde 2006 codirixe a súa publicación periódica, Rivista Italiana di Numismatica.[2][3][4] En abril de 1997 foi elixido membro correspondente da American Numismatic Society, de Nova York, institución na que participou como conferenciante.[1]

O seu centro de interese como investigador é a moeda italiana medieval e moderna, sinaladamente á cuñada nas cecas do norte de Italia entre os séculos VIII e XVI.[2][3] Desde 1999 veu colaborando no proxecto Medieval European Coinage, da Universidade de Cambridge, e froito desta colaboración é a súa redacción do volume XII da serie, correspondente ás emisións do norte de Italia.[1][5]

Recoñecementos

Publicacións

Esta é unha escolma da produción bibliográfica de Andrea Saccocci ao longo da súa carreira:[6][7][8][9]

Monografías

Escolma de artigos

Notas