Ana de Orleáns
Ana de Orleáns, nada en Woluwe-Saint-Pierre, Bélxica, o 4 de decembro de 1938, é unha princesa real de Francia da casa de Orleáns e Duquesa de Calabria por matrimonio; recibe o tratamento de Alteza Real.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (fr) Anne d'Orléans ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 4 de decembro de 1938 ![]() Woluwe-Saint-Pierre, Bélxica (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia ![]() |
Actividade | |
Lingua | Lingua francesa e lingua castelá ![]() |
Outro![]() | |
Título | Princesa ![]() |
Familia | Casa d'Orleães (pt) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Carlos de Borbón-Dúas Sicilias (1965–2015), morte do cónxuxe |
Fillos | Princess Cristina of Bourbon-Two Sicilies (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Pais | Henrique de Orléans (pt) ![]() ![]() ![]() |
Irmáns | Isabel de Orléans (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() |
Antepasados
Ana de Orleáns é filla da súa Alteza Real o Príncipe Henrique de Orleáns, Conde de París e pretendente orleanista á coroa francesa, e da súa esposa, a súa Alteza Imperial e Real a Princesa brasileira Isabel de Orleáns-Bragança e Dobrzensky, Princesa de Orleáns-Bragança. Por vía paterna, é neta do Príncipe Xoán de Orleáns, Duque de Guisa, e da Princesa francesa Isabel de Orleáns-Bragança, mentres que, por vía materna, o era da súa Alteza Imperial e Real Pedro de Alcántara de Orleáns-Bragança, Príncipe de Grão-Pará, e da condesa checa Elisabet Marie Adelaide Dobrzenska de Dobrzenicz.
Matrimonio e fillos
Os duques de Calabria coñecéronse durante a voda dos futuros reis de España, en 1962, en Atenas. Por entón, Ana de Orleáns era dama de honra da Princesa Sofía de Grecia e Dinamarca mentres que don Carlos era compañeiro de estudos do que sería despois Xoán Carlos I.
O 12 de maio de 1965 na capela Real de Dreux, a princesa Ana casou con don Carlos de Borbón-Dúas Sicilias, fillo do Infante Afonso de Borbón-Dúas Sicilias e Borbón e da Princesa Alicia de Borbón-Parma. Actualmente, don Carlos goza do título de Infante de España por concesión do seu curmán, o rei Xoán Carlos I. A parella, establecida en Madrid, ten cinco fillos:
- Cristina de Borbón-Dúas Sicilias e Orleáns, Grande de España, n. 1966, casada con Pedro López-Quesada y Fernández-Urrutia e nai de dous fillos, Victoria e Pedro.
- María de Borbón-Dúas Sicilias e Orleáns, Grande de España, n. 1967, casada co Arquiduque Simeón de Austria, e nai de tres fillos (Juan, Luis e Felipe) e de dúas fillas (Isabel e Carlota).
- Pedro de Borbón-Dúas Sicilias e Orleáns, Grande de España, duque de Noto, n. 1968, casado con Sofía Landaluce y Melgarejo e pai de seis fillos: Jaime, Juan, Pablo, Pedro, Sofía, e Blanca.
- Inés de Borbón-Dúas Sicilias e Orleáns, Grande de España, n. 1971, casada con Michele Carelli Palombi dei Marchesi di Raiano, e nai de dúas fillas, Tareixa e Branca.
- Vitoria de Borbón-Dúas Sicilias e Orleáns, Grande de España, n. 1976, casada co grego Markos Nomikos e nai de tres fillos, Anastasios, Carlos e Ana.
Ascendencia
16. Fernando Filipe, Duque de Orleáns | ||||||||||||||||
8. Duque Roberto de Chartres | ||||||||||||||||
17. Duquesa Helena de Mecklenburg-Schwerin | ||||||||||||||||
4. Xoán, Duque de Guisa | ||||||||||||||||
18. Francisco, Príncipe de Joinville | ||||||||||||||||
9. Princesa Francisca María de Orleáns | ||||||||||||||||
19. Princesa Francisca do Brasil, Infanta de Portugal | ||||||||||||||||
2. Henrique, Conde de París | ||||||||||||||||
20. Fernando Filipe, Duque de Orleáns (=16) | ||||||||||||||||
10. Filipe, Conde de París | ||||||||||||||||
21. Duquesa Helena de Mecklenburg-Schwerin (=17) | ||||||||||||||||
5. Princesa Isabel de Orleáns | ||||||||||||||||
22. Antón, Duque de Montpensier | ||||||||||||||||
11. María Isabel de Orleáns, Infanta de España | ||||||||||||||||
23. Infanta Luísa Fernanda de España | ||||||||||||||||
1. Ana, Princesa de Francia, Duquesa de Calabria, e Condesa de Caserta | ||||||||||||||||
24. Lois de Orleáns, Duque de Nemours | ||||||||||||||||
12. Gastón, Conde de Eu | ||||||||||||||||
25. Princesa Vitoria de Saxonia-Coburgo-Kohary | ||||||||||||||||
6. Pedro de Alcantara, Príncipe Imperial do Brasil | ||||||||||||||||
26. Pedro II, Emperador do Brasil | ||||||||||||||||
13. Isabel, Princesa Imperial do Brasil | ||||||||||||||||
27. Princesa Tareixa Cristina de Borbón-Dúas Sicilias | ||||||||||||||||
3. Princesa Isabel de Orleáns-Bragança | ||||||||||||||||
28. Conde John Nepomuk Dobrzensky de Dobrzenicz | ||||||||||||||||
14. Conde Johann Vaclav Dobrzensky de Dobrzenicz | ||||||||||||||||
29. Baronesa Maria Friederike Wanczura von Rzehnicz-Brachfeld | ||||||||||||||||
7. Condesa Elisabeth Maria Dobrzenska de Dobrzenicz | ||||||||||||||||
30. Conde Joseph Kottulinsky von Kottulin | ||||||||||||||||
15. Condesa Elisabeth Josefa Kottulinska von Kottulin | ||||||||||||||||
31. Condesa Adelaide von Attems | ||||||||||||||||
Predecesor: Alicia de Borbón-Parma | Duquesa consorte de Calabria 1965 - | Sucesor: No cargo |