Ana Castaño
Ana María Castaño Rey, nada en Pezós o 16 de xaneiro de 1961, é unha política asturiana[1][2].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xaneiro de 1961 (63 anos) Pezós, España |
Deputada de España | |
16 de xuño de 2015 – 27 de outubro de 2015 ← Gaspar Llamazares Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Asturias (en) Electa en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | política |
Partido político | Izquierda Unida |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
Natural do lugar de Sanzo no concello de Pezós, na Terra Eo-Navia. Licenciouse en Historia na Universidade de Oviedo e ademais diplomouse en Xestión e Administración Pública e traballa como técnica da Fundación Municipal de Cultura do Concello de Xixón. Entre 2007 e 2011 foi directora dos Servizos Sociais do Concello de Avilés. Nas eleccións municipais de 2015 foi nas listas de Izquierda Unida ao concello de Xixón, onde está aveciñada, e saíu elixida concelleira. O 16 de xuño de 2015 entrou no Congreso dos Deputados en substitución de Gaspar Llamazares.[1][2], porén nas eleccións xerais de decembro de 2015 non se presentou e, xa que logo, non revalidou o seu escano[3]. Dende novembro de 2021 é a coordinadora de IU Xixón[4].