Anfiesmenópteros

(Redirección desde «Amphiesmenoptera»)
Anfiesmenópteros

Celastrina argiolus (Lepidoptera)

Chaetopteryx villosa (Trichoptera)
Chaetopteryx villosa (Trichoptera)

Clasificación científica
Reino:Animalia
(sen clasif.)Euarthropoda
Clase:Insecta
(sen clasif.):Panorpida
(sen clasif.):Amphiesmenoptera
Kiriakoff, 1948
Subgrupos

Os anfiesmenópteros (Amphiesmenoptera) constitúen un grupo de insectos clasificado xeralmente como superorde, establecido por S. G. Kiriakoff,[1] pero a miúdo atribuído a Willi Hennig na súa revisión da taxonomía dos insectos, para dúas ordes irmás: Lepidoptera (bolboretas e avelaíñas) e Trichoptera. En 2017, engadiuse ao grupo unha terceira orde fósil, os Tarachoptera.[2]

Os Trichoptera e Lepidoptera comparten varios caracteres derivados (sinapomorfias) que demostran a súa descendencia común, que son:

  • As femias, en vez dos machos, son heterogaméticas (é dicir, os seus cromosomas sexuais son diferentes).
  • Presentan densos pelos ou sedas nas ás (modificados en escamas nos Lepidoptera).
  • Teñen un particular padrón de venación nas ás anteriores (as veas anais de dobre bucle).
  • As larvas teñen estruturas bucais e glándulas para producir e manipular seda.[3]

Así estas dúas ordes existentes son irmás, sendo os Tarachoptera basais a ambos os grupos. Amphiesmenoptera probablemente evolcionou no Xurásico.[3] Os Lepidoptera difiren dos Trichoptera en varias características, incluíndo a venación das ás, formación de escamas nas ás, perda dos cercos, perda dun ocelo, e cambios nas patas.[3]

Pénsase que Amphiesmenoptera é un grupo irmán de Antliophora, unha superorde proposta que comprende os Diptera (moscas), Siphonaptera (pulgas) e Mecoptera (moscas escorpión). En conxunto, Amphiesmenoptera e Antliophora compoñen o grupo Mecopterida.[4]

Notas