Amparo Alonso Betanzos

informática e profesora galega

Amparo Alonso Betanzos, nada en Vigo o 10 de outubro de 1961,[1] é unha informática galega, catedrática de Universidade e investigadora en intelixencia artificial.

Infotaula de personaAmparo Alonso Betanzos

(2017) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de outubro de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCulleredo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela - Enxeñaría química
Augusta University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoIntelixencia artificial e Informática Editar o valor em Wikidata
Ocupacióninformática teórica , investigador en intelixencia artificial , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade da Coruña, profesora (2002–)
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosSantiago e Alberto [1]
Premios

Facebook: amparo.alonso.Betanzos Twitter: AmparoAlonsoB BNE: XX1339891 Dialnet: 1658940 Editar o valor em Wikidata

Durante o bienio 2016-2017 foi a presidenta da Asociación Española de Inteligencia Artificial,[2] e é a coordinadora do grupo de investigación LIDIA (Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial) da Facultade de Informática da Coruña.

Traxectoria

Formación

Alonso Betanzos licenciouse en Química na Universidade de Santiago de Compostela e é doutora en Física.[1] Tamén cursou estudos na Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo.[3]

Chegou á tecnoloxía en informática (TIC) a través da aplicación de datos.

Desenvolveu a súa tese de Licenciatura en informática biomédica, estudando a aplicación de técnicas informáticas en campos relacionados coa medicina e a clínica, e máis concretamente na monitorización antenatal. Interesoulle este tema porque estaba relacionado coas mulleres (botaba de menos a perspectiva de xénero na carreira universitaria), porque era un campo de investigación moi novidoso e porque era unha área de estudo interdisciplinar con profesionais doutras ramas. Seguiu posteriormente investigando en informática clínica.[4]

Foille concedida unha bolsa de estudos na 16ª edición internacional do Programa L'Oréal-UNESCO For Women in Science, converténdose na terceira española nos 17 anos deste programa.[1][4][5]

En 1988 realizou un posdoutorado no Medical College of Georgia (Colexio Médico de Xeorxia) da Universidade de Augusta (Estados Unidos) onde comezou a súa experiencia investigadora no departamento de Enxeñaría biomédica. Traballou nun centro de investigación de sistemas intelixentes aplicados a contornos clínicos. Alonso Betanzos continuou coa monitorización antenatal, ampliou o seu traballo ao campo das unidades de coidados intensivos e mantivo contacto con persoal médico de numerosas ramas como atención en UCI e pediatría.[4][5][6]

Posteriormente pasou a centrarse moito máis nas disciplinas propiamente informáticas, e achegouse a outros campos de aplicación. En enxeñaría traballou no mantemento intelixente dos aeroxeradores que evita ter que contar con profesionais que suban a eles cada certo tempo para revisar que as pezas estean ben. Así mesmo, traballou en mantemento de pezas en barcos e automóbiles.[4]

No campo das ciencias sociais desenvolveu proxectos interdisciplinares de estudo para simular o efecto de distintas políticas medioambientais, para a conservación do medio ambiente, para migrar a un mundo máis verde, que ten que ver coa informática. Interesoulle porque a priori queda distante do mundo da informática pero á final resultan moi vinculados.[4]

Actividade profesional

Amparo Alonso durante o encontro Big Data Coruña 2017

É catedrática da Universidade da Coruña no departamento de Ciencias da computación. Desenvolve a súa carreira investigadora neste departamento de 1991 a 2011,[6] como continuación á súa experiencia investigadora desde 1988 no Colexio Médico de Xeorxia (Estados Unidos) e desde 1989 no departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Nos tres casos, aínda continúa a súa carreira investigadora.[6]

Ocupou diversos cargos na Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Foi vicedecana de 1999 a 2005, directora de computación de 2007 a 2009 e coordinadora do máster de Bioinformática para Ciencias da saúde 2016/2017. Ademais é vogal da Comisión Académica do Programa Oficial de Doutoramento en Computación desde 2013.[7]

Destacan os seus proxectos de investigación "Scalable machine learning algorithms: Beyond classification and regression" e "LOCAW (Low-Carbon at Work: Modelling agents and organisations to achieve transition to a low-carbon Europe".[6] Conta con 10 publicacións ns anos 90, 43 nos anos 2000, 72 entre 2010 e 2017 (maio).[8] Dentro da disciplina da intelixencia artificial, difunde tres grandes bloques temáticos: os aspectos básicos da Intelixencia artificial, os esquemas e modelos de razoamento e a enxeñaría do coñecemento.

Compromiso

Na actualidade e dende 2013 é a Presidenta da Asociación Española para a Intelixencia Artificial (AEPIA), ademais de profesora da UDC e coordinadora do grupo de investigación LIDIA.[2][4][9]

Dita relatorios, asiste a eventos e promove as carreiras tecnolóxicas e científicas entre as nenas. En 2014 protagonizou un audiovisual curto para animar ás mozas a considerar as TIC no seu futuro de estudos e laboral, e conta como comezou a traballar neste campo.[4][9] Forma parte do Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da Universidade de Vigo.[10]

Na súa faceta divulgadora, durante a súa conferencia en Big Data Spain, edición de 2015, explicou que

"a pesar dos grandes avances desta tecnoloxía, non debemos temer á intelixencia artificial, que sinxelamente busca reproducir comportamentos intelixentes nas máquinas e que permitan obter un beneficio, ou axudarnos ás persoas a tomar decisións usando volumes de datos que doutro modo non poderiamos manexar".

É defensora e divulgadora de Big Data.[11]

Obras

Destacan, entre as súas moi numerosas publicacións, capítulos de libros, artigos e relatorios, e libros de divulgación en castelán e galego:[12]

Principais libros publicados

  • Amparo Alonso Betanzos et al. (2004): Ingeniería del conocimiento. Aspectos metodológicos. Madrid: Prentice Hall/Pearson/Alhambra. ISBN 978-84-2054-192-1.
  • Vicente Moret Bonillo e Amparo Alonso Betanzos (2005): Fundamentos de inteligencia artificial. 2ª edición. A Coruña: Universidade da Coruña. ISBN 978-84-9532-256-2.
  • Vicente Moret Bonillo, Amparo Alonso Betanzos, Mariano Cabrero Canosa, Bertha Guijarro Berdiñas e Eduardo Mosqueira Rey (2009): Fundamentos de Intelixencia Artificial. A Coruña: Universidade da Coruña. ISBN 978-84-9749-315-4.

Recoñecementos

O 28 de decembro de 2020 recibe o Premio María Josefa Wonenburger Planells.[13]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas