Américo Tesorieri

futbolista arxentino

Américo Miguel Tesorieri, alcumado futbolisticamente como "La Gloria", nado en Boca, Buenos Aires, o 18 de marzo de 1899 e finado o 30 de decembro de 1977 foi un gardameta que xogou principalmente en Boca Juniors e que está considerado como un dos mellores da historia do fútbol arxentino.

Américo Tesorieri
Información persoal
NomeAmérico Miguel Tesorieri
Nacemento18 de marzo de 1899
Lugar de nacementoBuenos Aires
Falecemento30 de decembro de 1977
Lugar de falecementoBuenos Aires
PosiciónGardameta
Carreira xuvenil
Club Aurora
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1916–1918Canteira Boca Juniors
1918–1921Boca Juniors
1921Deportivo del Norte
1921-1927Boca Juniors
Selección nacional
Arxentina37
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Comezou a xogar ao fútbol no Club Aurora do barrio de Boca, da capital arxentina. Pronto pasou a Boca Juniors onde comezou xogando nas divisións inferiores no ano 1916, dous anos despois debuta no primeiro equipo onde xogaría ata a súa retirada no ano 1927 salvo un ano que xogou no Deportivo del Norte.

Participou na xira europea de Boca Juniors de 1925.

Formou parte da Selección de fútbol da Arxentina xogando un total de 37 encontros coa albiceleste.

Gañouse o alcume de "La Gloria" ao manter a cero a portería nos campionatos Suramericanos de 1921 e 1924.

Retirouse sendo aínda moi xove, segundo recoñeceu el mesmo por cuestións internas do club, ao tomar partido das eleccións e non saír ben parada a opción que defendía o porteiro. Unha vez fora dos campos de xogo traballou un tempo na administración do club xeneize.

Falece o 30 de decembro de 1977

Ten, xunto co xogador paraguaio o récord de máis enfrontamentos entre dous xogadores na Copa América.

Participación na Copa América

AnoSedeResultado
1920 ChileSubcampión
1921 ArxentinaCampión
1922 Brasil4º posto
1923 UruguaiSubcampión
1924 UruguaiSubcampión
1925 ArxentinaCampión

Palmarés

Campionatos nacionais

TítuloClubPaísAno
Primeira División da ArxentinaBoca Juniors Arxentina1919
Primeira División da ArxentinaBoca Juniors Arxentina1920
Primeira División da ArxentinaBoca Juniors Arxentina1923
Primeira División da ArxentinaBoca Juniors Arxentina1924
Primeira División da ArxentinaBoca Juniors Arxentina1926

Campionatos internacionais

TítuloClubPaísAno
Copa AméricaSelección de fútbol da Arxentina Arxentina1921
Copa AméricaSelección de fútbol da Arxentina Arxentina1925

Distincións individuais

DistinciónAno
Gardameta invicto na Copa América1921
Gardameta invicto na Copa América1924

Véxase tamén

Ligazóns externas

Biografía do futbolísta na páxina da AFA