Alice in Borderland (serie de televisión)

serie de televisión xaponesa

Alice in Borderland (en xaponés: 今際の国のアリス?) é unha serie de televisión xaponesa de ciencia ficción, suspense e drama baseada no manga homónimo de Haro Aso. A serie está protagonizada por Kento Yamazaki no papel de Arisu, un rapaz novo que se encontra de súpeto nun Toquio abandonado e sen persoas, coñecido como "Borderland", xunto cos seus mellores amigos, Chōta (Yûki Morinaga) e Karube (Keita Machida). Logo de comezar a buscar indicios doutras persoas, os tres descobren axiña que están atrapados nunha cidade que funciona como taboleiro de xogo de retos perigosos, violentos e mortais, os cales os obrigan a superar os seus propios "límites físicos e emocionais" con tal de sobrevivir.[3]

Alice in Borderland
FormatoSuspense,[1] ciencia ficción[2] e drama[2]
Desenvolvido porRobot Communications Inc.
Dirixido porShinsuke Sato
Intérpretes
  • Kento Yamazaki
  • Tao Tsuchiya
  • Yûki Morinaga
  • Keita Machida
  • Ayame Misaki
  • Nijirô Murakami
  • Yutaro Watanabe
  • Sho Aoyagi
  • Ayaka Miyoshi
  • Dori Sakurada
  • Aya Asahina
  • Shuntarô Yanagi
  • Mizuki Yoshida
  • Kina Yazaki
  • Tsuyoshi Abe
  • Nobuaki Kaneko
  • Riisa Naka
Tema de aperturaYutaka Yamada
País de orixe Xapón
Lingua(s)Xaponés
Temporadas2
Episodios16
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Kaata Sakamoto
CámaraMulticámara
Duración41–52 minutos
DistribuidorNetflix
Emisión orixinal
Canle de orixeNetflix
Formato de imaxe4K (Ultra HD)
Primeiro episodio10 de decembro de 2020
Na rede
IMDB: tt10795658 Filmaffinity: 359155 Allocine: 27439 Rottentomatoes: tv/alice_in_borderland Metacritic: tv/alice-in-borderland Netlix: 80200575Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A serie estreouse en Netflix o 10 de decembro de 2020, conseguindo boas valoracións por parte dos espectadores e da crítica.[4] Dúas semanas despois do lanzamento da primeira tempada, Netflix anunciou a renovación da serie para unha segunda tempada.[5][6]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas