Alianza Libre Europea
A Alianza Libre Europea, ALE (EFA en inglés), é unha agrupación de diversos partidos políticos en Europa que busca unha independencia política, ou algunha forma de devolución ou autonomía para o seu país ou rexión.
Alianza Libre Europea (ALE) | |
---|---|
Partido político da Unión Europea | |
![]() | |
Dirixentes e organización | |
Presidente | Eric Defoort (N-VA) |
Secretario Xeral | Jordi Solé (ERC) |
Mocidades | EFA Youth |
Filiación internacional | Alianza Libre Europea - Os Verdes Europeos |
Historia | |
Fundación | 1981 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo, rexionalismo, socialdemocracia |
Representación | |
Parlamento Europeo | 7 / 754 |
Outros datos | |
Sede | Rue de Woeringenstraat 19-21 1000 Bruxelas (Bélxica) |
Na rede | |
www.e-f-a.org | |
O grupo ten cinco membros no Parlamento Europeo (MEPs):
- Jillian Evans, Plaid Cymru, Gales
- Ian Hudghton, Partido Nacional Escocés, Escocia
- Mikel Irujo Amezaga, Eusko Alkartasuna, País Vasco
- Alyn Smith, Partido Nacional Escocés, Escocia
- Tatjana Ždanoka, Unión Rusa Letón, Letonia
A MEP Ždanoka é unha afiliada individual ó grupo ALE no Parlamento Europeo. O seu partido non é membro de ALE. A Alianza Libre Europea está nun grupo cos verdes no Parlamento Europeo: Alianza Libre Europea - Os Verdes.
Partidos membros
Andalucía: Partido Andalucista[1]
Aragón: Chunta Aragonesista
Cornualla: Mebyon Kernow[2]
Escocia: Partido Nacional Escocés[3][1]
Gales: Plaid Cymru[4][1]
Galicia: Bloque Nacionalista Galego[1]
País Vasco: Aralar,[1] Eusko Alkartasuna[1]
Cataluña: Esquerra Republicana de Catalunya[1]
Moravia: Moravané
Silesia: Ruch Autonomii Śląska
Frisia: Fryske Nasjonale Partij
Lituania: Partido Popular Polaco - Lituano
Val de Aosta: Union Valdôtaine
Sardeña : Partido Sardo da Acción
Occitania: Partido Occitano
Tirol do Sur: Unión por Tirol do Sur
Italia: Slovenska Skupnost (Partido italiano que avoga pola unión da minoría esloveno-italiana con Eslovenia)
Véneto: Liga Fronte Veneto
Emilia-Romaña : Liberdade Emiliana - Nación Emilia
Grecia: Partido Arco da Vella (Partido grego da comunidade macedonia de Grecia)
Cataluña: Unidade Catalá (Da Cataluña Norte)
Alsacia: Unión do Pobo Alsaciano
Bretaña: Unión Democrática Bretoa
Córsega: Partido da Nación Corsa
Departamento de Savoia: Liga Savoiana
Departamento de Savoia: Movemento da Rexión Savoia
Åland: Futuro de Åland
Flandres: Spirit, Nova Alianza Flamenga[1]
Comunidade Xermanófona de Bélxica: Partido dos Xermanofalantes de Bélxica (Da comunidade falante de alemán en Bélxica)
Austria: Enotna Lista (Partido da Comunidade eslovena de Austria)
País Valenciano: Bloc Nacionalista Valencià[1]
Illas Canarias: Nueva Canarias[1]
Illas Baleares: PSM-Entesa Nacionalista de Mallorca].[1]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
🔥 Top keywords: PortadaÁlvaro MorataEspecial:ProcurarEspecial:Cambios recentesVerónica BoqueteEurocopa de FútbolAymeric LaporteDani CarvajalShannen DohertyJesús NavasJoselu MatoEstadio Olímpico de BerlínEleccións ao Parlamento Europeo de 2024Selección de fútbol de EspañaIñaki WilliamsJude BellinghamSegunda guerra mundialJosé Ramón GarcíaRafael NadalLuke PerryPablo AmoWilli BaumeisterDonald TrumpTubingaSan Román de Vilaestrofe, CervoAWStatsWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXISelección de fútbol de InglaterraPosicións sexuaisGaliciaAxuda:Cambios relacionadosBlas de LezoGrand Slam (tenis)Novak ĐokovićMartín ZubimendiBenito KamelasLista de castelos de PortugalWikipediaAndrés Iniesta