Alfred Newman

compositor estadounidense

Alfred Newman, nado en New Haven (Connecticut) o 17 de marzo de 1901 e finado en Hollywood o 17 de febreiro de 1970 foi un compositor e director de música cinematográfica estadounidense.

Infotaula de personaAlfred Newman

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de marzo de 1901 Editar o valor em Wikidata
New Haven, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte17 de febreiro de 1970 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Hollywood, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteEnfisema pulmonar Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica cinematográfica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndirector de orquestra , actor , compositor de bandas sonoras , compositor , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1915 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica cinematográfica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoMercury Records Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMartha Montgomery (1947–1970)
FillosDavid Newman, Maria Newman (pt) Traducir, Thomas Newman Editar o valor em Wikidata
PaisMichael Newman (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Luba Newman (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsEmil Newman (en) Traducir, Lionel Newman (pt) Traducir, Irving Newman (en) Traducir, Marc Newman (en) Traducir e Robert "Bobby" Newman (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesRandy Newman (pt) Traducir (sobriño) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0000055 Allmovie: p104370 TCM: 140480 IBDB: 91675
Facebook: alfrednewmanhollywood BNE: XX839931 Musicbrainz: dbe22c4f-6a21-4b7c-ad09-e4048d1065bc Discogs: 283107 Allmusic: mn0000002130 WikiTree: Newman-12607 Find a Grave: 2080 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Newman naceu en New Haven, sendo o maior de dez irmáns. Prodixio musical, comezou a estudar piano con cinco anos con Sigismund Stojowski, e camiñaba dez millas cada día para practicar no piano dun veciño.[1] Puido axudar á súa pobre familia co diñeiro que gañaba por tocar en teatros e restaurantes. Traballou en vodevís e estudou composición e aos vinte anos estaba en Broadway, compoñendo e dirixindo musicais George Gershwin, Richard Rodgers e Jerome Kern. En 1930 acompañou a Irving Berlin a Hollywood,[2] onde recibiu clases privadas de Arnold Schoenberg.

Tras traballar con Berlin no filme Reaching for the Moon, atopou traballo con Samuel Goldwyn e United Artists, escribindo a súa primeira banda sonora completa, Street Scene. En 1940 comezou unha carreira de vinte anos como director musical da 20th Century-Fox, para a que compuxo a fanfarra que acompaña o logotipo. Newman estivo en activo ata a fin da súa vida, compoñendo a súa última banda sonora, Airport (1970) pouco antes da súa morte, producida por un enfisema.

Filmografía

Entre 1930 e 1970 Newman escribiu a música de máis de 200 filmes. Newman gañou nove premios Oscar, terceiro tras Walt Disney e Cedric Gibbons. Foi o compositor con máis candidaturas aos premios (corenta e cinco) ata que John Williams o igualou en 2006 e o superou en 2012. Foi candidato ao Oscar polo menos unha vez cada ano entre 1938 e 1957.

Algúns das súas obras principais son:

  • 1930 - Whoopee! (adaptación) (cancións de Walter Donaldson e Gus Kahn)
  • 1931 - Luces da cidade (director musical) (música de Charlie Chaplin)
  • 1931 - Indiscreet (director musical)
  • 1931 - Street Scene
  • 1936 - Dodsworth
  • 1936 - Born to Dance (director musical; Cole Porter escribiu as cancións)
  • 1937 - You Only Live Once
  • 1937 - The Hurricane
  • 1937 - The Prisoner of Zenda
  • 1938 - Alexander's Ragtime Band (adaptación, cancións de Irving Berlin)
  • 1939 - The Rains Came
  • 1939 - Gunga Din
  • 1939 - Cumes borrascosos
  • 1939 - The Hunchback of Notre Dame
  • 1940 - Vigil in the Night
  • 1940 - Enviado especial
  • 1940 - Broadway Melody of 1940 (director musical; Cole Porter escribiu as cancións)
  • 1940 - The Mark of Zorro
  • 1940 - Tin Pan Alley (adaptación)
  • 1941 - Que verde era o meu val
  • 1942 - Roxie Hart
  • 1942 - The Black Swan
  • 1942 - The Pied Piper
  • 1943 - The Song of Bernadette
  • 1943 - My Friend Flicka
  • 1944 - The Keys of the Kingdom
  • 1945 - State Fair (adaptación)
  • 1947 - O capitán de Castela
  • 1947 - Mother Wore Tights (adaptación)
  • 1947 - Gentleman's Agreement
  • 1947 - The Shocking Miss Pilgrim
  • 1948 - The Snake Pit
  • 1948 - That Lady in Ermine
  • 1948 - The Iron Curtain
  • 1949 - Twelve O'Clock High
  • 1949 - Chicken Every Sunday
  • 1950 - Todo sobre Eva
  • 1950 - Panic in the Streets
  • 1950 - The Big Lift
  • 1952 - O prisioneiro de Zenda
  • 1952 - As neves do Kilimanjaro
  • 1952 - With a Song in My Heart (adaptación)
  • 1953 - How to Marry a Millionaire (Alfred Newman aparece dirixindo a orquestra no prólogo)
  • 1953 - The Robe
  • 1953 - Call Me Madam (adaptación)
  • 1954 - Demetrius and the Gladiators
  • 1955 - A Man Called Peter
  • 1955 - Love Is a Many-Splendored Thing
  • 1955 - The Seven Year Itch
  • 1956 - Anastasia
  • 1956 - Carousel (adaptación)
  • 1956 - The King and I (adaptación)
  • 1957 - April Love (adaptación)
  • 1958 - South Pacific (director)
  • 1958 - A Certain Smile
  • 1959 - The Diary of Anne Frank
  • 1961 - Flower Drum Song (adaptación)
  • 1962 - State Fair (adaptación)
  • 1962 - A conquista do oeste
  • 1965 - The Greatest Story Ever Told
  • 1967 - Camelot (adaptación) (Academy Award)
  • 1968 - Os malvados de Firecreek
  • 1970 - Airport

Familia Newman

Newman foi o cabeza de familia dunha longa saga de compositores cinematográficos, entre os que destacan os seus irmáns Lionel e Emil; os seus fillos David, Thomas e Maria; o seu sobriño Randy e os seus sobriños Joey Newman e Jaclyn Newman Dorn.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas