Alexandra Fernández Gómez

política galega

Alexandra Fernández Gómez, nada en Vigo o 21 de outubro de 1988, é unha política galega. Resultou elixida deputada por En Marea no Congreso durante a XI e XII lexislatura,[1] de 2016 a 2019.

Infotaula de personaAlexandra Fernández Gómez

(2015) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de outubro de 1988 Editar o valor em Wikidata (35 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Deputada de España
18 de xullo de 2016 – 5 de marzo de 2019

Circunscrición electoral: Pontevedra

Deputada de España
8 de xaneiro de 2016 – 3 de maio de 2016

Circunscrición electoral: Pontevedra

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Facebook: 100058041882663 Twitter: aKollontai Instagram: akollontai Editar o valor em Wikidata
Papeleta do BNG para o Parlamento galego, eleccións xullo 2020.
Papeleta do BNG para as Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020.

Por discrepancias polo funcionamento do grupo político de En Marea no Congreso renunciou a presentarse ás Eleccións xerais de abril de 2019. Nas Eleccións xerais de novembro de 2019 solicitou publicamente o apoio para o BNG. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 participou na candidatura do Bloque Nacionalista Galego como número tres pola provincia de Pontevedra.

Traxectoria

Fixo o bacharelato no IES Alexandre Bóveda de Vigo. Cursou estudos de Arquitectura e Urbanismo na Escola Superior Gallaecia de Vila Nova de Cerveira.[2] Pertence á Asociación Cultural Bou Eva.[2]

Como militante da Frente Popular Galega[3][4][5] e Anova-Irmandade Nacionalista, participou no proceso constituínte da Marea de Vigo. Foi elixida, a través de primarias, para formar parte da candidatura de En Marea para as eleccións xerais do 20 de decembro de 2015. Ocupou a cabeza de lista pola provincia de Pontevedra,[6] sendo reelixida no mesmo lugar para as eleccións do 26 de xuño de 2016.[1][7]

Aínda que actuou en numerosas ocasións como portavoz do grupo[8], mantivo unha posición discrepante por considerar que Podemos limitaba a posición do grupo. Estas discrepancias comezaron xa na XI lexislatura, cando En Marea tratou, sen éxito, de constituírse en grupo parlamentario. As diferenzas da deputada co resto de compoñentes do grupo foron aumentando a medida que se desenvolvía a XII lexislatura. Fixéronse evidentes cando a deputada decidiu votar "non" na votación aos presupostos do 2019, contra o criterio da dirección de En Marea,[9] por consideralos lesivos para Galiza.[10] Os demais membros do grupo, por contra, votaron a favor dos orzamentos presentados polo goberno socialista, seguindo a liña marcada por Podemos.

En febreiro de 2019 a deputada anunciou que renunciaba a presentarse de novo ás eleccións ao Congreso, convocadas para o 28 de abril. Centraríase en rematar a carreira de arquitectura[11]. Na repetición electoral celebrada o 10 de novembro fixo público o seu apoio ás candidaturas do BNG, a través das súas redes sociais e de artigos en prensa[12].

O 29 de febreiro de 2020, tras meses de rumores sobre o seu achegamento ao BNG, a formación nacionalista anunciou a incorporación da ex-deputada ás súas listas. Tras ser avalada polas asembleas da militancia e polo Consello Nacional do BNG, foi designada como número tres das candidaturas pola provincia de Pontevedra nas Eleccións ao Parlamento de Galicia dese ano,[13] e foi elixida deputada do Parlamento de Galicia. Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Pontevedra.[14]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas