Alexander Sergeev
Aleksandr Mikhaylovich Sergeyev (en ruso: Александр Михайлович Сергеев); nado en Buturlino (Óblast de Gorki)[1] o 2 de agosto de 1955[2], é un físico ruso. Entre 2017 e 2022 foi o presidente da Academia Rusa de Ciencias.[3]
Traxectoria
Estudou física na Universidade Estatal de Gorki, graduándose en 1977. Despois da graduación, traballou como investigador no Instituto de Física Aplicada da Academia Rusa de Ciencias en Gorki, actualmente Nizhnii Novgorod. Obtivo o seu doutoramento (PhD. Cand. Sci.) en 1982, e desenvolveu toda a súa carreira científica no mesmo instituto. En 2015, pasou a ser o director do instituto.[2]O principal interese de investigación de Sergeev son os fenómenos non lineais en física, incluíndo a física do plasma e a física dos láseres de femtosegundo. En concreto, guiou o desenvolvemento do láser de clase petawatt no Instituto de Física Aplicada RAS.[2] [4]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
![]() | Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |