Alexander Selkirk

Mariño escocés

Alexander Selkirk, nado Alexander Selcraig en 1676, en Lower Longo, condado de Fife, Escocia e finado o 13 de decembro de 1721 en Ghana, foi un mariñeiro escocés que estivo durante catro anos e catro meses como un náufrago nunha illa deserta na zona central da costa pacífica de Chile; é probábel que tanto as súas viaxes como a historia de Pedro Serrano e outros náufrados da época (Robert Knox ou Henry Pitman) proporcionasen inspiración a Daniel Defoe (el entrevistouno) para escribir a súa novela Robinson Crusoe —aínda que na súa primeira edición de 1719 a illa sitúase preto da desembocadura do río Orinoco e non no océano Pacífico—.

Infotaula de personaAlexander Selkirk

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1676 Editar o valor em Wikidata
Lower Largo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte13 de decembro de 1721 Editar o valor em Wikidata (44/45 anos)
Cabo Corso (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteFebre amarela Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCabo Corso (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Gran Bretaña
Escocia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmariño Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Selcraig-2
Libro editado en 1835 inspirado na vida de Selkirk.

Traxectoria

En 1703 enrólase ás ordes de William Dampier que, ao mando de dous barcos corsarios, marchaba a América para atacar as costas españolas. Ante a escaseza de botín e outros problemas o capitán decidiu dividir a expedición e Selkirk permaneceu no galeón Cinque Ports, capitaneado por Thomas Stradling que se dirixiu ao arquipélago de Juan Fernández (Chile). Selkirk discutiu co capitán que o castigou co abandono dunha illa deserta a 560 km. da costa chilena, en outubro de 1704. Alí permaneceu durante máis de catro anos[1].

Imaxe de Alexander Selkirk cunha placa conmemorativa en Lower Longo

O Cinque Ports afundiuse pouco despois e os seus tripulantes capturados polos españois. O rescate chegou o venres 2 de febreiro de 1709, cos barcos Duke e Duchess, mandados polo tamén corsario Woodes Rogers[1], que o enrolou como segundo oficial e despois de percorrer a costa pacífica, atacar Guayaquil e chegar até a costa de México onde capturaron o galeón de Acapulco a Manila -Nuestra Señora de la Encarnación de Singano-[2] cun enorme botín

Dende alí, marcharon cara ás Indias Orientais Holandesas e dobraron o cabo de Boa Esperanza para retornar a Inglaterra o 14 de outubro de 1711,[2] onde ao parecer casou cunha viúva.

Embarcouse novamente en 1717 na Royal Navy e morreu as oito da tarde do 13 de decembro de 1721 mentres servía como tenente a bordo do barco da Armada, HMS Weymouth. Probabelmente sucumbiu á febre amarela. Foi enterrado no mar na costa occidental de África.

Os relatos

No ano 1711, apareceu Selkirk mencionado por vez primeira nun relato de Edward Cook,[3] un oficial do Duchess e, de novo, en 1713 é mencionado no xornal The Englishman polo escritor sir Richard Steele[4] que o entrevistou en varias ocasións. En 1712, o propio Woodes Rogers publicou un libro no que dá noticias das peripecias de Selkirk: A Cruising Viyage Round The World, que seguramente foi lido por Defoe.

O arquipélago

O 1 de xaneiro de 1966 a illa na que estivo Selkirk foi oficialmente rebautizada como Robinson Crusoe. Ao mesmo tempo, a illa máis occidental do arquipélago Juan Fernández foi rebautizada como Alejandro Selkirk, aínda que é probable que Selkirk nunca a vise, dado que este habitou a illa maior oriental.

En torno ao ano 2000 unha expedición dirixida polo xaponés Daisuke Takahashi atopou instrumentos náuticos do século XVIII na illa, que probabelmente pertencesen a Selkirk.

Película

Unha película animada chamada Selkirk, o verdadeiro Robinson Crusoe relata a vida de Alexander Selkirk e as súas peripecias durante as súas viaxes. A película está dirixida por Walter Tournier (Uruguai).[5] O filme foi financiado desde un principio por CORFO (Chile), Consello da Cultura e as Artes (CNCA-Chile) e polo Fondo Ibermedia, o que xerou o impulso para que o proxecto comezase a ensaiar a coordinación entre os países que participan (Chile cos efectos especiais 3D e o storyboard, a Arxentina coas voces, musicalización e o Uruguai coa idea orixinal, dirección, escenarios, bonecos para o stopmotion, rodaxe).[6] É unha produción conxunta da Suma - Tournier Animación (Uruguai), Millo Producións (Arxentina) e Cineanimadores (Chile), e estreouse en febreiro de 2012.[7][8]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Brescia del Val, Maura (2004). Selkirk Robinson: el mito. A tres siglos del desembarco del solitario en Isla Robinson Crusoe. Santiago de Chile. Editorial Mare Nostrum. ISBN 956-8089-04-7.