Alessandro Gentile

baloncestista italiano

Alessandro Gentile, nado o 12 de novembro de 1992 en Maddaloni, é un xogador profesional de baloncesto italiano que xoga no Aquila Basket Trento da Lega Basket Serie A. Cunha estatura de 2,00 metros pode xogar nas posicións de escolta e ala.

Alessandro Gentile
Aquila Basket Trento  – No. 5
Información persoal
Nacemento12 de novembro de 1992 (31 anos)
Italia Maddaloni
NacionalidadeItalia Italia
Altura2,00 m (6 ft 7 in)
Peso oficial104 kg (229 lb)
PosiciónEscolta / Ala
LigaLega Basket Serie A
Información da carreira
NBA Draft2014 / Rolda: 2 / Elección: 53
Por Minnesota Timberwolves
Carreiradende 2009
Historial de equipos

Italia Benetton Treviso (2009–2011)
Italia Olimpia Milano (2011–2016)
Grecia Panathinaikos (2016–2017)
IsraelHapoel Jerusalem (2017)
Italia Virtus Bologna (2017–2018)
España Estudiantes (2018–2019)
Italia Aquila Basket Trento (2019–presente)

Traxectoria profesional

De 2007 a 2009, Gentile xogou nas categorías inferiores do Pallacanestro Treviso. En 2009 chegou ó primeiro equipo e na tempada 2009-10 xogou 24 partidos, facendo 3.4 puntos e 1.2 rebotes por encontro. En 2011 conseguiu o galardón ó mellor xogador da liga italiana de menos de 22 anos. O 14 de xuño de 2011, renovou o seu contrato co Treviso por tres anos.[1]

En decembro de 2011, Gentile deixou o Treviso e asinou un contrato de tres tempadas co Olimpia Milano.[2] En xuño de 2014, despois de que o Milano conseguira o seu 26º título de liga, Gentile foi elixido o mellor xogador das finais da liga.[3]

O 26 de xuño de 2014, Gentile foi elixido na 53ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Minnesota Timberwolves.[4] Na mesma noite do Draft foi traspasado ós Houston Rockets.[5]

O 30 de outubro de 2018 anunciouse a fichaxe de Gentile por unha tempada polo CB Estudiantes da Liga ACB.[6]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas