Alessandra Korap

líder e activitista indíxena do pobo mundurucú

Alessandra Korap, nada na aldea Munduruku, no Pará en 1985, é unha dirixente indíxena e activista medioambiental brasileira do pobo mundurucú. O seu traballo principal é defender a demarcación do territorio indíxena e denunciar a explotación e actividades ilegais das industrias mineira e madeireira. Alessandra é recoñecida internacionalmente polo seu traballo. En 2020, recibiu o Premio Robert F. Kennedy de Dereitos Humanos nos Estados Unidos.[1][2][3] En 2023, Korap foi galardoada co Premio Medioambiental Goldman para América do Sur e Central.[4][5]

Infotaula de personaAlessandra Korap

(2020) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1984 Editar o valor em Wikidata (39/40 anos)
Itaituba, Brasil (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo mundurucú Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Federal do Oeste do Pará (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDereitos indíxenas, Dereitos humanos e environmental rights (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónlíder , activista Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm11185786 Twitter: alkorap1 Instagram: alessandrakorap Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Korap interesouse pola política e asistiu ás reunións do consello tribal dende moi nova, nun momento no que non era habitual que asistisen as mulleres. Coa progresiva invasión das terras indíxenas e a perda dos seus dereitos, implicouse máis no activismo. En 2019, trasladouse a Santarém para estudar dereito na Universidade Federal do Oeste do Pará (UFOPA),[6] para prepararse mellor para o seu activismo.[7]

Destacouse como defensora dos intereses dos pobos indíxenas contra a invasión das súas terras por parte dos mineiros. Korap foi a primeira muller en liderar a Asociación Indíxena Pariri, que agrupa a dez aldeas da rexión do Tapajós Medio, no Pará.[8] Unha das principais consecuencias para a vida indíxena do Tapajós Medio provocada pola explotación deste territorio, e denunciada por Alessandra, é o impacto do mercurio moi utilizado nas actividades mineiras. Un estudo realizado pola Fiocruz en colaboración co WWF-Brasil indica que todos os participantes na investigación están afectados por este contaminante. Seis de cada dez participantes tiñan niveis de mercurio por riba dos límites de seguridade: preto do 57,9% dos participantes tiñan niveis de mercurio por riba de 6 µg.g-1, que é o límite máximo de seguridade estabelecido polas axencias sanitarias.[2]

En 2020, Korap conseguiu recoñecemento internacional ao recibir o Premio Robert F. Kennedy dos Dereitos Humanos,[9][8][10] sendo o segundo brasileiro en ser premiado. Na xustificación do premio, díxose que “como líder, Alessandra defende os dereitos indíxenas, sobre todo na loita pola demarcación dos territorios indíxenas e contra os grandes proxectos que afectan as terras indíxenas e os territorios tradicionais da rexión de Tapajós”.[11] Nesta ocasión, John Kerry, enviado especial do presidente dos Estados Unidos Joe Biden, pronunciou o discurso principal, dicindo:

O pobo mundurucú do Brasil é guerreiro de moitas formas diferentes. Resistiron activamente á presión constante, violenta, ilegal e ás veces patrocinada polo estado dos madeireiros e mineiros para explotar as súas terras. Alessandra, dixeches e segues dicindo a verdade ao poder".[12]

Ao recibir o premio, Alessandra declarou que "o premio non é só para min, é pola loita do pobo mundurucú e doutras persoas que piden axuda, que claman pero non son escoitadas".[13] Tamén traballa para minimizar o impacto da pandemia da COVID-19 entre os pobos indíxenas.[14]

Korap recibiu ameazas de morte e invadiron e roubaron a súa casa por mor do seu activismo. En 2019, un grupo de deputados federais de Alemaña pediu ao goberno brasileiro que lle brindase protección. A invasión da súa casa produciuse dez días despois da súa viaxe a Brasília con outros indíxenas para denunciar a acción de explotación mineira e talla ilegal e esixir a demarcación das terras indíxenas. Entre 2018 e 2019, segundo Greenpeace, a deforestación nas terras do pobo mundurucú multiplicouse por seis.[15] Os deputados alemáns asinaron unha carta dirixida ao presidente Jair Bolsonaro e entregáronlla á embaixada brasileira en Berlín, solicitando que as autoridades brasileiras encarguen aos responsables para que inicien unha investigación en profundidade. Na mesma carta, tamén manifestaron a súa preocupación pola situación dos defensores dos dereitos humanos no Brasil e reclamaron ao goberno que "faga a protección destes lexítimos líderes unha prioridade" e que "faga todo o que estea ao seu alcance para facilitar o traballo das organizacións da sociedade civil".[16]

Galardóns e recoñecementos

  • 2020: Premio Robert F. Kennedy de Dereitos Humanos, Estados Unidos.[17][18]
  • 2020: Premio Taz Panter, Berlín.[19]
  • 2023: Premio Medioambiental para América do Sur e Central.[4][5]

Notas