Alcohol ter-butílico

composto químico

O alcohol ter-butílico[5] ou ter-butanol[6] (tamén terbutanol[7][8] ou terc-butanol[9][10]) é o alcohol terciario máis simple, coa fórmula (CH3)3COH (ás veces simbolizado como t-BuOH). Os seus isómeros son o 1-butanol, o isobutanol e o butan-2-ol. O alcohol ter-butílico é un sólido incoloro, que funde a temperaturas moderadas e ten un cheiro parecido ao alcanfor. É miscible coa auga, etanol e dietil éter.

Alcohol ter-butílico
Mostra de alcohol 'ter-butílico parcialmente cristalizado
Identificadores
Número CAS75-65-0
PubChem6386
ChemSpider6146
UNIIMD83SFE959
Número CE200-889-7
Número UN1120
DrugBankDB03900
MeSHtert-Butyl+Alcohol
ChEBICHEBI:45895
ChEMBLCHEMBL16502
Número RTECSEO1925000
Referencia Beilstein906698
Referencia Gmelin1833
Imaxes 3D JmolImage 1
Propiedades
Fórmula molecularC4H10O
Masa molar74,12 g mol−1
Aspectosólido incoloro
Olora alcanfor
Densidade0,775 g/mL
Punto de fusión25–26 °C; 77–79 °F; 298–299 K
Punto de ebulición82–83 °C; 179–181 °F; 355–356 K
Solubilidade en augamiscible[2]
log P0,584
Presión de vapor4,1 kPa (a 20 °C)
Acidez (pKa)16,54 [3]
Índice de refracción (nD)1,387
Momento dipolar1,31 D
Termoquímica
Entalpía estándar
de formación ΔfHo298
−360,04 to −358,36 kJ mol−1
Entalpía estándar
de combustión ΔcHo298
−2,64479 to −2,64321 MJ mol−1
Entropía molar
estándar So298
189,5 J K−1 mol−1
Capacidade calorífica, C215,37 J K−1 mol−1
Perigosidade
Pictogramas GHSO pictograma do lume no Globally Harmonized System of Classification and Labelling of Chemicals (GHS)
Pictograma do signo de exclamación no Globally Harmonized System of Classification and Labelling of Chemicals (GHS)
Palabra sinal GHSDANGER (perigo)
declaración de perigosidade GHSH225, H319, H332, H335
declaración de precaución GHSP210, P261, P305+351+338
NFPA 704
3
2
0
Punto de inflamabilidade11 °C; 52 °F; 284 K
Límites de explosividade2,4–8,0%
LD503559 mg/kg (coello, oral)
3500 mg/kg (rata, oral)[4]
Compostos relacionados
butanols relacionados2-Butanol

n-Butanol
Isobutanol

Compostos relacionados2-Metil-2-butanol
Trimetilsilanol

Nonafluoro-alcohol ter-butílico


Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

Distribución na natureza

O alcohol ter-butírico foi identificado na cervexa e garavanzos.[11] Tamén se encontra na mandioca,[12] e utilízase como ingrediente para a fermentación en certas bebidas alcohólicas.

Preparación

O alcohol ter-butílico deriva comercialmente do isobutano como coproduto da produción de óxido de propileno. Tamén pode producirse por hidratación catalítica do isobutileno ou por unha reacción de Grignard entre a acetona e o cloruro de metilmagnesio.

A purificación non pode realizarse por simple destilación debido á formación dun azeótropo coa auga, aínda que se realiza un secado inicial do solvente que contén gran cantidade de auga engadindo benceno para formar un azeótropo terciario e destilalo da auga. Cantidades menores de auga retíranse por secado con óxido de calcio (CaO), carbonato de potasio (K2CO3), sulfato de calcio (CaSO4), ou sulfato de magnesio (MgSO4), seguido dunha destilación fraccionada. O alcohol ter-butílico anhidro obtense facéndoo refluír e destilándoo de magnesio activado con iodo, ou metais alcalinos como o sodio ou potasio. Outros métodos inclúen o uso de barutos moleculares de 4 Å, ter-butilato de aluminio, hidruro de calcio (CaH2), ou cristalización fraccionada en atmosfera inerte.[13]

Aplicacións

O alcohol ter-butílico utilízase como solvente, desnaturalizante do etanol, ingrediente para produtos para quitar pintura, e potenciador da octanaxe da gasolina e oxixenado. É un intermediario químico usado para producir metil ter-butil éter (MTBE) e etil ter-butil éter (ETBE) por reacción co metanol e etanol, respectivamente, e hidroperóxido de ter-butilo por reacción co peróxido de hidróxeno.

Reaccións

Como alcohol terciario, o alcohol ter-butílico é máis resistente á oxidación que outros isómeros do butanol.

O alcohol ter-butílico desprotónase cunha base forte para dar o alcóxido. Especialmente común é o ter-butóxido de potasio, que se prepara tratando o ter-butanol co metal potasio.[14]

K + t-BuOH → t-BuOK+ + 1/2 H2

O ter-butóxido é unha base forte non nucleófila en química orgánica. Facilmente subtrae protóns de ácidos dos substratos, pero o seu volume estérico inhibe a participación do grupo en substitucións nucleófilas, como na síntese de éter de Williamson ou na reacción SN2.

O alcohol ter-butílico reacciona co cloruro de hidróxeno para formar cloruro de ter-butilo.

A O-cloración do alcohol ter-butílico con ácido hipocloroso dá lugar a hipoclorito de ter-butilo:[15]

(CH3)3COH + HOCl → (CH3)3COCl + H2O

Farmacoloxía e toxicoloxía

Hai datos limitados sobre a farmacoloxía e toxicoloxía do ter-butanol en humanos e outros animais.[16] A exposición humana pode ocorrer debido ao metabolismo ou biodegradación de oxixenados de combustibles. O ter-butanol absórbese pouco pola pel mais absórbese rapidamente se se inhala ou inxire. É irritante para a pel e ollos. A toxicidade dunha soa dose é normalmente baixa, pero doses altas poden producir un efecto sedante ou anestésico.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas