Alberto González Fernández (piloto)
- Artigo
- Conversa
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Pontevedra ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | piloto de rally , piloto de carreiras ![]() |
Deporte | carreira de montaña ![]() |
Alberto González Fernández, alcumado Camba, nado en Pontevedra, é un ex piloto de automobilismo galego. Especialista en carreiras de montaña, é o piloto máis laureado do Campionato de Galicia de Montaña, con sete títulos (cinco consecutivos entre 1978 e 1982 e dous máis en 1985 e 1986) e dous subcampionatos. Logrou 77 vitorias absolutas e disputou tamén probas de rally, proclamándose en 1977 e 1978 subcampión de Galicia de Automobilismo.
Recibiu o alcume de "Camba" por ser o segundo apelido de seu pai, que era dono dunha autoescola e tiña competido en automobilismo e motociclismo.[1] Debutou no Rally Rías Baixas de 1972, a bordo dun Seat 1430 e competiu posteriormente cun Seat 600 cun motor de 1800.[2] Comezou a correr logo con fórmulas, primeiro cun Hispakart 1430, co que logrou a súa primeira vitoria na Subida ao Veral de 1976 e logo cun Selex Fórmula 1800, co que gañou o seu primeiro Campionato de Galicia de Montaña en 1978.[3] Ese ano gañou ademais o Rally de San Telmo, en Tui, cun Alpine A110 1800 e rematou segundo no Campionato Galego de Automobilismo, só por detrás de Pío Alonso.[4][5] Revalidou o título de montaña os catro seguintes anos cun Selex 2000.[6][7][8][9]
Entre as súas vitorias destacan entre outras as cinco que conseguiu na Subida a Almofrei, tres na Subida á Falperra e tres no Campionato de Velocidade Cidade da Coruña.
Na Subida a Carballo de 1987 logrou a súa última vitoria, a número 77 da súa carreira.[10] En agosto dese ano disputou a súa última carreira, na Subida a Almofrei, puntuable para o Campionato de España, onde rematou en quinta posición.[11] Tras esa carreira retirouse da competición, dedicándose a dirixir a autoescola que fundara seu pai.[2]