Alberto Garzón
Alberto Carlos Garzón Espinosa, nado en Logroño o 9 de outubro de 1985, é un economista e político español ligado á Izquierda Unida. Dende xaneiro de 2020 até novembro de 2023 foi o ministro de Consumo do goberno de España, presidido por Pedro Sánchez.
(2020) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Alberto Carlos Garzón Espinosa 9 de outubro de 1985 (38 anos) Logroño, España |
Minister for Consumer Affairs (en) | |
13 de xaneiro de 2020 – 20 de novembro de 2023 ← Salvador Illa – Pablo Bustinduy → | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Representa: Izquierda Unida 3 de decembro de 2019 – Lexislatura: XIV lexislatura do Congreso de España Circunscrición electoral: Málaga Electo en: Q69822173 | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
20 de maio de 2019 – 3 de decembro de 2019 (disolución do parlamento) Lexislatura: XIII Congreso de España Circunscrición electoral: Málaga | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
12 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019 Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid | |
Federal coordinator of United Left (en) | |
5 de xuño de 2016 – ← Cayo Lara | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
7 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
29 de novembro de 2011 – 13 de xaneiro de 2016 Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Málaga | |
Datos persoais | |
Residencia | Rivas-Vaciamadrid |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Málaga (pt) Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid Sevilla |
Ocupación | político , economista , ministro |
Partido político | Izquierda Unida Partido Comunista de España |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Eduardo Garzón |
Páxina web | agarzon.net |
Traxectoria
Foi investigador na Universidade Pablo de Olavide de Sevilla, así como membro do colectivo Economía crítica y crítica de la economía. Militante de Izquierda Unida, dende as eleccións xerais de 2011 en España é deputado no Congreso dos Deputados pola dita formación.
Membro da Unión de Juventudes Comunistas de España e militante de Izquierda Unida dende 2003, Garzón é licenciado en Economía pola Universidade de Málaga, cun mestrado en Economía Internacional e Desenvolvemento pola Universidade Complutense de Madrid[1] Tamén é membro de ATTAC (organización que promove o control democrático dos mercados financeiros).[2]
O 2 de outubro de 2011 foi elixido para encabezar a lista de Izquierda Unida Los Verdes-Convocatoria por Andalucía por Málaga para as Eleccións xerais de España,[3] resultando elixido deputado,[4] sendo o deputado máis novo do congreso nesa lexislatura.
O 29 de novembro de 2011, Garzón e mais o seu compañeiro de filas Cayo Lara convertéronse nos primeiros deputados españois en renunciar ao sistema de pensións privado que se lles concede aos membros do Congreso.[5]
En 2019, tanto nas eleccións xerais de abril coma nas de novembro, Garzón foi cabeza de lista de Unidas Podemos pola circunscrición de Málaga, sendo elixido en ambas ocasións deputado.
Após as eleccións xerais de novembro, formouse en España un goberno de coalición (o primeiro da historia) entre o PSOE e Unidas Podemos, presidido por Pedro Sánchez. Garzón pasou a ocupar o cargo de ministro de Consumo o 13 de xaneiro de 2020, día en que prometeu o cargo.
Obra
- La crisis financiera. Guía para entenderla y explicarla (2009; canda a Juan Torres López)
- La crisis de las hipotecas basura. ¿Por qué se cayó todo y no se ha hundido nada? (Editorial Sequitur & ATTAC España, 2009; canda a Juan Torres López)
- ¿Están en peligro las pensiones públicas? (Editorial Attac España, 2010; canda a Juan Torres López e Vicenç Navarro)
- Hay alternativas (Editorial Sequitur & Attac España, 2011; canda a Juan Torres López e Vicenç Navarro)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina web (en castelán)
- Blog de Alberto Garzón (en castelán)
- Hay alternativas (pdf) (en castelán)