Aitor Esteban

político español

Aitor Esteban Bravo, nado en Bilbao (Biscaia) o 21 de xuño de 1962, é un político e profesor asociado de Universidade vasco que dende 2012 desempeña o cargo de voceiro do Partido Nacionalista Vasco no Congreso dos Deputados.

Infotaula de personaAitor Esteban

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Aitor Esteban Bravo Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1962 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Bilbao, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados

3 de decembro de 2019 –

Circunscrición electoral: Biscaia

Deputado no Congreso dos Deputados
14 de maio de 2019 –

Circunscrición electoral: Biscaia

Deputado no Congreso dos Deputados
12 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019

Circunscrición electoral: Biscaia

Deputado no Congreso dos Deputados
4 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016

Circunscrición electoral: Biscaia

Leader of the Basque Group at the Congress of Deputies (en) Traducir
18 de decembro de 2012 –
← Josu Erkoreka
Deputado no Congreso dos Deputados
2 de decembro de 2011 – 13 de xaneiro de 2016

Circunscrición electoral: Biscaia

Deputado no Congreso dos Deputados
25 de marzo de 2008 – 27 de setembro de 2011

Circunscrición electoral: Biscaia

Deputado no Congreso dos Deputados
30 de marzo de 2004 – 15 de xaneiro de 2008

Circunscrición electoral: Biscaia

Speaker of the General Assemblies of Biscay (en) Traducir
28 de maio de 1995 – 25 de maio de 2003
← Antxon Aurre (en) TraducirAna Madariaga (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Deusto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , profesor universitario , xurista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Deusto Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEuzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua éuscara Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeItxaso Atutxa Atutxa

Facebook: aitor.esteban.3 Twitter: AITOR_ESTEBAN Dialnet: 138307 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

A súa nai é da localidade soriana de Cañamaque.[1] O seu pai, de ideoloxía nacionalista vasca, ensinoulle as bases do éuscaro,[1] que estudou posteriormente, chegando a dar clases.[2]​ Estudou nun colexio católico e fixo o bacharelato no Instituto Central de Bilbao.[3] A seguir, licenciouse en Dereito, no curso 1984-1985, na Universidade de Deusto, onde fixo logo o doutoramento.[3] coa tese titulada "La institutionalización de un país: nacionalismo e instituciones vascas", lida o 1 de xaneiro de 1996.[4]

Esteban foi profesor na Universidade de Deusto, onde impartiu clases de Dereito constitucional español comparado. Declárase un apaixonado das tribos indíxenas norteamericanas, e mesmo foi profesor da materia de Minorías Indíxenas, no Departamento de Antropoloxía desta universidade[3]. Tamén impartiu a materia de Historia e cultura indíxena de Norte e Mesoamérica na Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación.[5]

Afiliouse ó Partido Nacionalista Vasco en 1978 e en 1983 foi elixido secretario do Consello Nacional de Euzko Gaztedi Indarra (EGI). Dous anos despois foi nomeado apoderado da Asemblea Nacional e en 1991 accedeu ó cargo de voceiro e secretario de Presidencia da Deputación de Biscaia.[5] Entre 1995 e 2003 foi presidente das Xuntas Xerais de Biscaia, sendo sucedido no cargo por Ana Madariaga.[6]

Nas eleccións xerais de 2004, foi elixido deputado no Congreso dos Deputados por Biscaia, repetindo nas eleccións de 2008 e 2011,[5] e nas de 2015, 2016 e nas de abril e novembro de 2019. O 18 de decembro de 2012 substituíu a Josu Erkoreka como voceiro do PNV no Congreso dos Deputados.[5][7]

Vida persoal

Está casado con Itxaso Atutxa (filla de Javier Atutxa, quen foi presidente do PNV de Biscaia entre 1996 e 2000[8]​), con que ten dous fillos e vive dende hai anos en Zeberio.​[3]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas