Aguia pomerana

ave rapaz

A aguia pomerana (Aquila pomarina) é unha ave rapaz.

Aguia pomerana

Adulto
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Aves
Orde:Falconiformes
Familia:Accipitridae
Subfamilia:Buteoninae (disputado)
Xénero:Clanga
Especie:C. pomarina
Nome binomial
'Clanga pomarina'
Brehm, 1831
Verán (verde claro) e inverno (azul)
Verán (verde claro) e inverno (azul)

Verán (verde claro) e inverno (azul)
Sinonimia

Aquila pomarina

Distribución xeográfica
Clanga pomarina

Morfoloxía e hábitos

É unha aguia de tamaño pequeno, cunha lonxitude de entre 55–66 cm, unha envergadura entre 143–168 cm e cun peso entre 1100 e 2000 gramos. De cor parda, máis clara cá aguia manchada. As femias son idénticas ós machos.

Aliméntase de roedores, anfibios, pequenas aves e insectos. O seu hábitat máis habitual en Europa son as fragas con presenza de auga.

Reprodución

A cría realizase en Europa entre os meses de abril e xuño. A posta consiste en dous ovos cun tempo de incubación de 38-41 días. Os polos permanecen no niño entre 50-55 días.

Distribución

Dende abril a setembro permanece en Europa, dende a parte máis Oriental de Alemaña ata o Extremo Occidental de Rusia. Do norte ó sur, esténdese dende os Países Bálticos ata Grecia, Turquía e os países do Cáucaso. Esporadicamente, observable durante a migración, en Italia e Oriente Próximo. Pasa o inverno en África.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest. (en castelán)