Agora Repúblicas

Alianza electoral para as eleccións ao Parlamento Europeo

Agora Repúblicas[1][2][3] (en catalán: Ara Repúbliques, en éuscaro: Orain Errepublikak, en castelán: Ahora Repúblicas, en aragonés: Agora Republicas,[4][5] en asturiano: Agora Repúbliques,[6][5] en occitano: Ara Republicas) é unha coalición electoral creada para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2019 por Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), Euskal Herria Bildu (EH Bildu) e o Bloque Nacionalista Galego (BNG) con Oriol Junqueras como cabeza de lista.[7] Os demais postos na candidatura repartíronse entre EH Bildu, BNG e ERC.[8] Ademais, Andecha Astur, Puyalón de Cuchas, Alternativa Nacionalista Canaria, Congreso Nacional de Canarias e Unidad del Pueblo tamén participaron na candidatura. Para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2024 a coalición renovouse xunto aos Baleares de Ara Més.[9][10][11] Esta coalición é sucesora de L'Esquerra pel Dret a Decidir e Os Pobos Deciden, formacións que participaron nas eleccións europeas de 2014.

Agora Repúblicas
Logo
Tipocoalición electoral
Ideoloxíaindependentismo, Republicanismo, rexionalismo, Nacionalismo de esquerda e Progresismo
Data de fundación3 de abril de 2019
Persoas relacionadasOriol Junqueras, Diana Riba e Ana Miranda
PaísEspaña
Na rede
https://www.ahorarepublicas.eu/
Twitter: ahorarepublicas Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Composición

2019

Partidos que conformaron a coalición para as eleccións de 2019:[12]

PartidoÁmbito
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC)Países Cataláns
Euskal Herria Bildu (EH Bildu)País Vasco (rexión histórica)
Bloque Nacionalista Galego (BNG)Galicia
Andecha Astur (AA)Asturias
Puyalón de Cuchas (Puyalón)Aragón
Unidad del Pueblo (UP)Illas Canarias
Alternativa Nacionalista Canaria (ANC)Illas Canarias

A coalición estaba formada, inicialmente, por Esquerra Republicana de Catalunya, Euskal Herria Bildu e o Bloque Nacionalista Galego.[13] ERC afirmou que a alianza estaba aberta a outras "forzas soberanistas, republicanas e progresistas".[14] Posteriormente, sumáronse Andecha Astur, Puyalón de Cuchas, Unidad del Pueblo e Alternativa Nacionalista Canaria.

A candidatura estaba encabezada por Oriol Junqueras i Vies (por Esquerra Republicana de Catalunya), Pernando Barrena Arza (por Euskal Herria Bildu) e Diana Riba i Giner (independente). A candidata polo Bloque Nacionalista Galego, Ana Miranda Paz, ocupou o 5° posto.[15]

2024

Partidos que conformaron a coalición para as eleccións de 2024:[16]

PartidoÁmbito
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC)Países Cataláns
Euskal Herria Bildu (EH Bildu)País Vasco (rexión histórica)
Bloque Nacionalista Galego (BNG)Galicia
Ara Més (Ara Més)Illas Baleares

A coalición conta coa participación de Comunistes de Catalunya e independentes. Está encabezada por Diana Riba i Giner[17] (como independente), por Pernando Barrena (por EH Bildu) e Ana Miranda Paz (polo BNG).[18] O BNG ocupa o terceiro lugar dentro da candidatura fronte ao quinto posto que lle correspondeu nas pasadas eleccións.[19] A cabeza de lista por Ara Més, Alice Weber,[20] ocupa o posto 15°.

O 21 de maio, os partidos da coalición asinaron un manifesto para pedir o voto xunto con outras formacións como Esquerra Unida i Alternativa, Comunistes de Catalunya, Puyalón, Andecha Astur, Anova, Ahora Canarias e Unidad del Pueblo.[21] Izquierda Castellana fixo tamén un chamamento a votar á candidatura do BNG.[22]

Candidatura do BNG-Agora Repúblicas nas Eleccións ao parlamento europeo 2024.

Resultados electorais

Parlamento Europeo

Parlamento Europeo
ElecciónVotos%#Escanos+/–Líder da candidaturaNotas
20191 252 1395,58%
3 / 59
+3Oriol Junqueras
2024856 5004,91%
3 / 61
=Diana Riba[23]

2019

Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2019, Agora Repúblicas obtivo un 5,58 % dos votos e 3 escanos.[24]

TerritorioVotos%Posición
Andalucía2 8460,07 %< 10º
Aragón1 8050,27 %< 7º
Asturias1 8860,36 %
Illas Canarias2 4560,28 %< 10º
Cantabria6300,20 %< 10º
Castela-A Mancha7630,07 %< 10º
Castela e León1 6100,12 %< 9º
Cataluña733 40121,19 %
Ceuta260,08 %< 10º
Comunidade Valenciana12 3640,53 %
Estremadura3450,06 %< 10º
Galicia171 50011,84 %
Illas Baleares20 5304,90 %
A Rioxa3290,20 %10º
Comunidade de Madrid5 7330,18 %< 10º
Melilla120,04 %< 10º
Rexión de Murcia4850,08 %< 10º
Navarra54 30816,00 %
País Vasco246 48822,02 %
España1 252 1395,58 %

Os eurodeputados electos na IX lexislatura do Parlamento Europeo por esta coalición foron os seguintes:

  1. Oriol Junqueras (Esquerra Republicana de Catalunya)
  2. Pernando Barrena (Euskal Herria Bildu), substituído por Ana Miranda (Bloque Nacionalista Galego) en outubro de 2022.
  3. Diana Riba (Esquerra Republicana de Catalunya)

2024

TerritorioVotos%Posición
Andalucía 28980,09 %< 10º
Aragón 15370,29 %< 10º
Asturias 16610,39 %10º
Illas Canarias 17830,26 %< 10º
Cantabria8200,32 %10º
Castela-A Mancha9200,11 %< 10º
Castela e León 21820,20 %< 10º
Cataluña354 24714,81 %
Ceuta210,10 %< 10º
Comunidade Valenciana 84570,43 %
Estremadura4080,09 %< 10º
Galicia180 71016,13 %
Illas Baleares16 4575,17 %
A Rioxa4500,36 %10º
Comunidade de Madrid 74560,26 %< 10º
Melilla180,09 %< 10º
Rexión de Murcia5160,09 %< 10º
Navarra48 76218,75 %
País Vasco227 97326,24 %
España857 4264,91 %

Os eurodeputados electos na X lexislatura do Parlamento Europeo por esta coalición foron os seguintes:

  1. Diana Riba (Esquerra Republicana de Catalunya)
  2. Pernando Barrena (Euskal Herria Bildu)
  3. Ana Miranda Paz (Bloque Nacionalista Galego)

Notas