Afropavo congensis

Afropavo conguensis

Macho (esquerda) e femia (dereita)
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Clase:Aves
Orde:Galliformes
Familia:Phasianidae
Subfamilia:Phasianinae
Xénero:Afropavo
Chapin, 1936
Especie:A. congensis
Nome binomial
Afropavo congensis
Chapin, 1936

O Afropavo congensis, é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos fasianinos, a única do xénero Afropavo.[2]

Características

Cabeza do macho.
Cabeza da femia.


Orixinario da conca do Congo, é unha das tres especies existentes de pavóns, sendo as outras dúas o pavón común (orixinario da India e Sri Lanka) e o Pavo muticus (nativo de Myanmar e Indochina), ambas pertencentes, porén, ao xénero Pavo, e das que se diferencia, sobre todo, por careceren os machos da ampla cola característica que locen as especies asiáticas.[3]

Bioloxía

Hábitat e distribución

É unha especie endémica das terras baixas dos bosques congoleses centrais da República Democrática do Congo (da que á a súa "ave nacional"). Encóntrase nos bosques primarios e secundarios do Parque Nacional de Salonga. Os signos secundarios da súa presenza, como excrementos e plumas, atopáronse máis frecuentemente na rexeneración do bosque secundario que no bosque primario. No bosque secundario os seus excrementos acháronse preto dos cursos de auga, onde as árbores eran de menor tamaño e a diversidade vexetal inferior á dos bosques primarios.[4][5] A súa área de distribución é escasa e irregular, seguramente ou, en parte, debido á limitada dispoñibilidade deste tipo de hábitats.[4]

Alimentación

Non parece ter unha dieta especializada, e a especie foi rexistrada comendo froitos de especies de árbores comúns de toda a rexión,[4] así como insectos e outros invertebrados.[6][7]

Reprodución

A estación de reprodución pode depender das condicións locais de chuvia.[6]

Ameazas

O Afropavo congensis está ameazado pola perda do seu hábitat causada pola caza, a minaría, os cambios dos cultivos e a corta e transporte de madeira.[4]

Status

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o status desta especie como VU (vulnerábel) porque s supón que ten unha pequena poboación que, ademais, se sospeita que está en declive debido á perda continua de espécimes pola caza e pola destrución do seu hábitat, aumentada esta polos impactos da guerra e dos refuxiados. As enquisas suxiren que amplas zonas da súa área de dispersión están desocupadas, o que implica que a poboación está dividida en pequenas subpoboacións.[1]

Taxonomía

Macho no zoo de Oklahoma City.

Descrición

Xénero e especie foron descritos en 1936 polo ornitólogo estadounidense James Chapin, na súa obra Birds of the Belgian Congo.

Etimoloxías

Xénero

O nome do xénero, Afropavo, está formado polos elementos afro- e -pavo, e alude a que é un pavón africano.

Especie

O epíteto específico, congensis, refírese á rexión onde se atopa.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • del Hoyo, J., Collar, N. J., Christie, D. A., Elliott, A. e Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona, España e Cambridge, Reino Unido.: Lynx Edicions BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1.

Outros artigos

Ligazóns externas