Aeroporto de Glasgow

O aeroporto de Glasgow (IATA: GLA, ICAO: EGPF), anteriormente aeroporto de Abbotsinch, é un aeroporto internacional de Escocia situado a 16 km ao oeste do centro da cidade de Glasgow.[1] No ano 2016 polas súas intalacións pasaron case 9,4 millóns de pasaxeiros, cun incremento do 7 % con respecto a 2015, sendo o segundo aeroporto máis concorrido de Escocia, tras o aeroporto de Edimburgo, e o oitavo do Reino Unido. É o principal aeroporto do oeste de Escocia e o principal entrada de voos de longa distancia do país.

Aeroporto de Glasgow
Port-adhair Eadar-nàiseanail Glaschu
Glasgow Airport

IATA: GLA – ICAO: EGPF
Sumario
Tipopúblico
PropietarioAGS Airports
OperadorGlasgow Airport Limited
Cidade/IllaGlasgow
LocalizaciónPaisley, Renfrewshire
Elevación (msnm)8 metros / 26 pés
Coordenadas4°25′59″O / 55.871944444444, -4.4330555555556
Webhttp://www.glasgowairport.com/
Pista(s)
DirecciónLongoSuperficie
metrospés
05/232 6658 743asfalto ranurado
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros9 327 193

O aeroporto é propiedade de AGS Airports, que tamén ten e opera os aeroportos de aeroporto de Aberdeen e Southampton. Anteriormente pertencía e era operado por Heathrow Airport Holdings. As principais aeroliñas que operan nas súas instalacións son British Airways e Loganair, esta última usando o aeroporto como centro de conexións. Outras grandes compañías que usan GLA como base son easyJet, Jet2.com, Ryanair, Thomas Cook Airlines e Thomson Airways.

O aeroporto de Glasgow inaugurouse no ano 1966 e orixinalmente só operaba voos cara a outras partes do Reino Unido e Europa. Comezou a ofrecer voos a outras partes do mundo que antes eran operados polo aeroporto de Glasgow-Prestwick, e que se converteu no aeroporto secundario da cidade sendo usado principalmente por aeroliñas de baixo custo, por operacións de carga e por voos chárter.

Aeroliñas e destinos

Pasaxeiros

AeroliñasDestinos
Aer Lingus Regional
operado por Stobart Air
Cork, Donegal, Dublín
Air Canada RougeEstacional: Toronto-Pearson
Air TransatToronto-Pearson
Estacional: Vancouver
AlbaStarChárter estacional: Verona[2]
American AirlinesEstacional: Filadelfia
Austrian AirlinesChárter estacional: Viena[3]
BH AirChárter estacional: Burgas
Blue AirBucarest
British AirwaysLondres-Gatwick, Londres-Heathrow
British Airways
operado por BA CityFlyer
Londres-City
Chárter estacional: Barcelona, Faro, Málaga, Menorca, Milán-Malpensa, Palma de Mallorca, Reus, Salzburgo, Venecia
Delta Air LinesEstacional: Nova York-JFK
easyJetAlacant, Ámsterdam, Belfast-Internacional, Berlín-Schönefeld, Bristol, Faro, Jersey, Londres-Gatwick, Londres-Luton, Londres-Stansted, Málaga, Milán-Malpensa, París-Charles de Gaulle
Estacional: Bordeos, Xenebra, Cos, Marsella, Palma de Mallorca, Split
EmiratesDubai-Internacional
EurowingsDüsseldorf
EurowingsDüsseldorf
Eurowings
operado por Germanwings
Düsseldorf
FlybeBelfast-City, Birmingham, Cardiff, Exeter, East Midlands, Southampton
Estacional: Jersey, Newquay
Flybe
operado por Eastern Airways
Illa de Man[4] , Manchester, Stornoway, Sumburgh[5]
Flybe
operado por Stobart Air
Londres-Southend[6]
IcelandairReiquiavik-Keflavík
Jet2.comAlacant, Fuerteventura, Gran Canaria, Lanzarote, Funchal, Tenerife-Sur
Estacional: Antalya, Barcelona, Bodrum (reanúdase en maio de 2018),[7] Corfú, Dalaman, Dubrovnik, Faro, Xenebra, Xirona, Grenoble, Málaga, Heraclión, Eivisa, Cefalonia (comeza en maio de 2018),[8] Larnaca, Malta, Menorca, Palma de Mallorca, Paphos, Praga, Reus, Rodas, Roma-Fiumicino, Tesalónica (comeza en maio de 2018),[9] Zante
KLMÁmsterdam
KLM
operado por KLM Cityhopper
Ámsterdam
LoganairBarra, Benbecula, Campbeltown, Islay,Kirkwall, Manchester, Stornoway, Sumburgh, Tiree
LufthansaMúnic
RyanairAlacant, Berlín-Schönefeld, Charleroi, Derry, Dublín, Frankfurt,[10] Cracovia,[11] Lisboa, Lanzarote, Madrid,[11] Málaga, Riga, Sofía, Valencia, Varsovia-Modlin, Wrocław
Estacional: Bydgoszcz, Carcasona, Chania, Gran Canaria, Londres-Stansted, Palanga, Zadar[12]
Thomas Cook AirlinesAntalya, Fuerteventura, Lanzarote, Tenerife-Sur
Estacional: Alacant, Burgas, Cancún, Corfú, Dalaman, Enfidha (comeza en maio de 2018),[13] Gran Canaria, Heraclión, Hurghada,[14] Eivisa, Cos (comeza en maio de 2018),[13] Larnaca, Las Vegas, Menorca, Orlando, Palma de Mallorca, Reus, Rodas, Zante
TUI AirwaysAlacant, Lanzarote, Sal, Tenerife-Sur
Estacional: Burgas, Cancún, Corfú, Dalaman, Dubrovnik, Gran Canaria, Heraclión, Eivisa,Larnaca, Málaga,[15] Mahón, Nápoles, Orlando/Sanford, Palma de Mallorca, Paphos, Reus, Rodas[16],Zante[17]
Chárter estacional: Chambéry, Xenebra, Turín, Verona, Zante
TUI Airways
operado por BA Cityflyer
Estacional: Salzburgo (comeza en maio de 2018)[18]
United AirlinesEstacional: Newark[19]
Virgin AtlanticEstacional: Orlando
WestJetEstacional: Halifax, Toronto-Pearson
Wizz AirBucarest (remata en novembro de 2017),[20] Budapest, Gdańsk, Katowice

Carga

AeroliñasDestinos
FedEx Feeder
operado por ASL Airlines Ireland
Newcastle upon Tyne, París-Charles de Gaulle
FedEx Feeder
operado por Swiftair
Londres-Stansted

Véxase tamén

Ligazóns externas

Notas