Activision
Activision é unha compañía estadounidense que traballa en software para videoxogos de varias consolas.
Activision | |
---|---|
Tipo | Subsidiaria de Activision Blizzard |
Fundación | 1979 |
Localización | Santa Monica (California) |
Industria | Videoxogos |
Produtos | Call of Duty Spider-Man Guitar Hero[1] |
Beneficio | 6.610 millóns de dólares[2](2016) |
Na rede | |
https://www.activision.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xogos
Esta compañía ten xogos de temas moi variados desde sobre SpongeBob SquarePants a Call of Duty.[1]
Serie Call of Duty
- Artigo principal: Call of Duty (serie).
Call of Duty é unha serie de videoxogos pertencente ao xénero FPS polas súas iniciais en inglés (First Person Shooter). Orixinalmente foi unha serie propia do PC, pero despois apareceu en diversas videoconsolas de quinta e sexta xeración. Ademais destas entregas principais, desde 2003, foron postas á venda diversas entregas para consolas portátiles e móbiles. A maior parte dos xogos están ambientados durante a segunda guerra mundial. Activision é o propietario da franquía e é a empresa que xestiona a creación e distribución das entregas. As versións para Mac son responsabilidade de Aspyr Media. A maioría dos xogos foron programados por Infinity Ward e Treyarch. Noutras versións colaboraron: Gray Matter Interactive, Spark Unlimited, Pi Studios, Amaze Entertainment, Rebellion Developments, e n-Space[3]. En máis dunha ocasión, os estudos compartiron motores gráficos, como ocorre en Call of Duty 4: Modern Warfare e Call of Duty: World at War. Outras empresas adícanse á creación de xoguetes e bandas deseñadas relacionadas con Call of Duty. Cara ao 26 de marzo de 2015 as vendas globais ascendían a 175 millóns de unidades aproximadamente.[4]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |