Abel Molinero

futbolista español

Abel Molinero Pons, nado o 28 de abril de 1989 en Madrid, é un futbolista profesional español da canteira do Atlético de Madrid, que xoga como extremo esquerdo no Fuenlabrada da Segunda División B.

Abel Molinero
Información persoal
NomeAbel Molinero Pons
Nacemento28 de abril de 1989 (35 anos)
Lugar de nacementoMadrid
Altura1,79 m
PosiciónExtremo esquerdo
Información de club
Club actualFuenlabrada
Carreira xuvenil
Atlético Madrid
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2007–2010Atlético C71(14)
2010–2011Atlético B15(2)
2011–2012Almería B31(5)
2011–2013Almería12(0)
2013–2014Jaén8(0)
2014San Fernando14(2)
2014–2015Guadalajara44(13)
2015–2016Lugo7(1)
2016–Fuenlabrada
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 21 de xullo de 2016editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Nado en Madrid, Abel Molinero formouse na canteira nun dos principais equipos da súa cidade natal, o Club Atlético de Madrid. Con 18 anos debuta no fútbol sénior co terceiro filial do equipo, o Atlético de Madrid C, equipo no que permanece até 2010 xogando 71 partidos de liga. Posteriormente comeza a participar co segundo equipo, o cal participaba na Segunda División B. No ano 2011 asino coa Unión Deportiva Almería, equipo no que se reparte entre o filial de Segunda B e o equipo principal que participaba na Segunda División. Na seguinte temporada, xa como membro permanente do primeiro equipo consegue o ascenso á Primeira División, aínda que no verán asina polo Real Jaén,[1] equipo co que non chega a xogar a debutar. Finalmente sería transferido ao San Fernando Club Deportivo da Segunda B, equipo no que realiza un bo ano. Isto chama a atención do Guadalajara, que tenta formar un proxecto para retornar á categoría de prata. No equipo castelán convértese nun dos principais xogadores, conseguindo anotar 12 goles na competición. O 13 de xullo de 2015, o Club Deportivo Lugo da Segunda División anuncia a contratación do xogador castelán para a tempada 2015-16 por unha temporada con opción a dúas.

Clubs

ClubCategoríaAnoPXGoles
Atlético CTerceira2007-2008103
Atlético CTerceira2008-2009284
Atlético CTerceira2009-2010173
Atlético BSegunda B2009-201061
Atlético BSegunda B2010-201191
Almería BSegunda B2011-2012315
AlmeríaSegunda2011-201240
AlmeríaSegunda2012-201380
Real JaénSegunda2013-201400
San FernandoSegunda B2014142
GuadalajaraSegunda B2014-20154413
LugoSegunda2015-201671

Títulos

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas