A xungla do asfalto

filme de 1959 dirixido por John Huston

A xungla do asfalto (en inglés The Asphalt Jungle) é un filme estadounidense de 1950 dirixido por John Huston e protagonizado por Sterling Hayden e Jean Hagen. Está considerado un clásico do cinema negro.

A xungla do asfalto
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalThe Asphalt Jungle
DirectorJohn Huston
ProdutorArthur Hornblow Jr.
GuiónBen Maddow
John Huston
Baseado enThe Asphalt Jungle, de W. R. Burnett (1949)
IntérpretesSterling Hayden
Louis Calhern
Jean Hagen
MúsicaMiklós Rózsa
FotografíaHarold Rosson
MontaxeGeorge Boemler
DistribuidoraMetro-Goldwyn-Mayer
EstreaXuño de 1950
Duración112 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento1 232 000 $[1][2]
Na rede
IMDB: tt0042208 Filmaffinity: 920993 Allocine: 491 Rottentomatoes: m/asphalt_jungle Mojo: asphaltjungle Allmovie: v3102 TCM: 26 TV.com: movies/the-asphalt-jungle BNE: XX3818305 Netlix: 70000547Editar o valor em Wikidata

Foi emitido na TVG o 10 de abril de 1991.[3]

Argumento

Un ladrón de fama lendaria como planificador, Erwin "Doc" Riedenschneider (Sam Jaffe), deixa a prisión baixo liberdade condicional. Para o seu próximo roubo busca a complicidade nun avogado corrupto, Alonzo Emmerich (Louis Calhern), quen comprará en efectivo o total do roubo. O botín pode chegar ao millón de dólares. Doc reúne un grupo de criminais experimentados composto por un corretor de apostas, Cobby (Marc Lawrence) que fará de coordinador; Louis Ciavelli (Anthony Caruso), dinamiteiro de caixas fortes; Gus Minissi (James Whitmore), dono dun pequeno bar que fará de condutor; e Dix Handley (Sterling Hayden), granxeiro arruinado pola Gran Depresión, que actuará de escolta.

O plan consiste en roubar pola noite unha xoiaría. O grupo de delicuentes comeza o roubo planeado meticulosamente, mais finalmente a explosión provoca que varias alarmas de negocios próximos comecen a funcionar, atraendo a presenza da policía antes do esperado. Un garde de seguridade decide revisar todos os locais, e cando entra na xoiaría é golpeado por Dix. O garda, esvaecido, deixa caer a súa arma, que se dispara ferindo a Ciavelli. Os bandidos foxen levando con eles o botín e a Ciavelli.

Doc e Dix chegan co botín onde Emmerich, mais néganse a entregarllo porque xa sospeitaban que o avogado pensaba traizoalos, quedando con todo e fuxindo coa súa amante Angela Phinlay (Marilyn Monroe) a Europa.

Elenco

Principais premios e candidaturas

AnoPremioCategoríaCandidato(s)Resultado
1950Festival de VeneciaCopa Volpi ao mellor actorSam JaffeGañador
León de OuroA xungla do asfaltoCandidato
National Board of ReviewMellor directorJohn HustonGañador
Directors Guild of America AwardDirección destacada en cinemaJohn HustonCandidato
1951Edgar Allan Poe AwardsMellor guión cinematográficoBen Maddow e John HustonGañador
ÓscarMellor actor secundarioSam JaffeCandidato
Mellor fotografía (branco e negro)Harold RossonCandidato
Mellor directorJohn HustonCandidato
Mellor guión adaptadoBen Maddow e John HustonCandidato
British Academy of Film and Television ArtsMellor filmeA xungla do asfaltoCandidato
Globo de OuroMellor fotografíaHarold RossonCandidato
Mellor directorJohn HustonCandidato
Mellor guiónBen Maddow e John HustonCandidato
Writers Guild of America AwardMellor guión de dramaBen Maddow e John HustonCandidato
Premio Robert MeltzerBen Maddow e John HustonCandidato

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas