A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos |
Director | Toñito Blanco Ricardo Llovo |
Produtor | Toñito Blanco María José Sánchez Carlos Soliño |
Guión | Toñito Blanco |
Intérpretes | Manuel Manquiña Juanillo Esteban Julián Hernández |
Música | Julián Hernández Xurxo Souto |
Estudio | Escola de Imaxe e Son da Coruña |
Estrea | 1993 |
Duración | 77 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Terror, comedia |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() |
A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos (en castelán: La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos) é unha longametraxe galega dirixida por Toñito Blanco e Ricardo Llovo. Autodenomínase como “posibelmente a película máis noxenta, cutre e divertida de tódolos tempos”. O filme conta coa participación de músicos como Julián Hernández (Siniestro Total), César Strawberry (Def con Dos, Strawberry Hardcore) ou Silvia Superstar (Killer Barbies).
Un grupo de mozos regresa dun concerto durante a madrugada. No camiño, uns cristais rotos na estrada picaron a roda do coche no que viaxan facendo que choque cunha árbore. Tralo accidente, vense obrigados a pedir axuda na casa máis achegada onde, por desgraza para eles, viven os Machado: a familia máis psicópata da Coruña.
Os Machado teñen soportado épocas de fame, das cales puideron saír empregando como materia prima os seus embutidos de carne humana (“falta comida...sobra xente”). Os mozos aceptan inocentemente a hospitalidade que lles brinda o patriarca da familia descoñecendo por completo o sanguento e perverso destino que ten preparado para eles.[1]
Debido á mala calidade do son directo rexistrado durante a rodaxe, foi necesario recorrer á dobraxe de tódolos actores da película.[2] A rodaxe realizouse nos estudios Dobleson, exercendo o propio Manuel Manquiña como director de dobraxe. Os nomes dos actores de dobraxe que participaron no filme figuran nos créditos finais, aínda que non se especifica o personaxe ou actor/actriz ós que poñen voz:
A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos foi unha película gravada, estreada e comercializada en vídeo na súa totalidade. Para financiar os gastos da rodaxe, ideouse un sistema de bonos a través dos cales a xente podía comprar anticipadamente unha copia en VHS da película, que recibirían unha vez estivese a produción rematada.
A rodaxe levouse a cabo nunha única semana, durante a Semana Santa de 1993. Empregouse como localización unha explotación agraria rural en Galicia, propiedade da familia do director. Fixéronse dúas montaxes da película: a primeira delas realizouse como montaxe previa, descartada debido á utilización excesiva de planos xerais e da ausencia case total de planos medios e curtos. Esta montaxe, a diferenza da definitiva, contiña unha menor cantidade de sangue e vísceras. Para a segunda e última montaxe rodáronse de novo escenas con máis sangue, ademais de incluír planos curtos e insertos como amputacións, cortes e demais detalles gore nas escenas máis explícitas.
Entre a finalización da montaxe e a dobraxe da película, o vídeo non estivo rematado ata finais do 93. Ademais, as copias tardaron en fabricarse polo que o filme non se comercializou ata entrada a primavera de 1994.[3]
A música da película corre a cargo de Miguel López Cubas. Julián Hernández (de Siniestro Total) e Xurxo Souto (do grupo Os Diplomáticos de Monte-Alto) contribuíron á música do filme, mediante a composición da banda sonora.
A banda sonora da película consta de dúas cancións:
A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos contén múltiples referencias a outras películas clásicas do xénero de terror e gore: