A dama de Shangai

filme de 1947 dirixido por Orson Welles

A dama de Shangai (en inglés: The Lady from Shanghai) é un filme estadounidense de 1947 dirixido por Orson Welles e protagonizado por Welles, Rita Hayworth e Everett Sloane.[2] Baséase na novela If I Die Before I Wake de Sherwood King.

A dama de Shangai
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalThe Lady from Shanghai
DirectorOrson Welles
ProdutorOrson Welles
GuiónOrson Welles
Baseado enIf I Die Before I Wake
Raymond Sherwood King
Intérpretes
MúsicaHeinz Roemheld
Fotografía
  • Charles Lawton Jr.
  • Rudolph Maté
    (sen acreditar)
  • Joseph Walker
    (sen acreditar)
MontaxeViola Lawrence
EstudioMercury Productions
DistribuidoraColumbia Pictures
EstreaFrancia 24 de decembro de 1947
14 de abril de 1948
Galicia 20 de maio de 1995 (TVG)
Duración88 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroCinema noir
Recadación1 564 609 entradas (Francia)[1]
Na rede
IMDB: tt0040525 Filmaffinity: 295792 Allocine: 514 Rottentomatoes: m/the_lady_from_shanghai Allmovie: v28086 TCM: 80637 TV.com: movies/the-lady-from-shanghai BNE: XX5645913 Editar o valor em Wikidata

Malia que nun principio recibiu valoracións dispares, gañou consideración co paso dos anos, e moitos críticos eloxiaron o seu deseño de escenarios e o traballo de cámara. En 2018, foi escollido para a súa conservación no National Film Registry pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".[3][4]

Estreouse subtitulado en galego o 20 de maio de 1995 na TVG.[5][6]

Sinopse

Michael O'Hara coñece a encantadora Elsa Bannister, á que salva pouco despois dun asalto. Casada cun rico avogado sen escrúpulos, coxo e de volta a Shanghai, Elsa embarca a Michael no iate do seu marido. O'Hara namórase dela baixo a mirada indiferente do seu marido e George Grisby, avogado asociado de Bannister, aproveita unha escala para facerlle unha proposta singular: matar un home sen risco por unha gran cantidade de diñeiro co argumento de que non se pode procesar mentres a policía non atope o corpo da vítima.

Personaxes

  • Rita Hayworth como Elsa "Rosalie" Bannister
    • A voz de canto foi dobrada por Anita Kert Ellis
  • Orson Welles como Michael O'Hara
  • Everett Sloane como Arthur Bannister
  • Glenn Anders como George Grisby
  • Ted de Corsia como Sidney Broome
  • Erskine Sanford como xuíz
  • Gus Schilling como "Goldie" Goldfish
  • Carl Frank como fiscal do distrito Galloway
  • Louis Merrill como Jake
  • Evelyn Ellis como Bessie
  • Harry Shannon como condutor de taxi
  • Errol Flynn como home fóra da cantina (sen acreditar)
  • Philip Morris como Port Steward/Officer Peters (sen acreditar)
  • Edward Peil Sr. como garda (sen acreditar)
  • No filme de Sergio Leone Houbo unha vez en América (1984), a personaxe de Robert De Niro Noodles agóchase nun teatro chinés, fronte a un fumadoiro de opio, unha alusión a unha escena en que a personaxe de Orson Welles se agocha nun teatro chinés para eludir a lei.
  • No filme Ghostbusters II (1989), Rick Moranis, Annie Potts e Sigourney Weaver están vendo A dama de Shanghai na televisión do apartamento da personaxe de Bill Murray. Moranis e Potts discuten sobre as relacións entre Welles e Hayworth.
  • O filme de Woody Allen Misterioso asasinato en Manhattan (1993), filme negro cómico, inclúe un tributo ao filme, cun clímax en que hai un enfrontamento detrás da pantalla dun cinema en que se proxecta A dama de Shanghai.
  • No filme de Jim Jarmusch The Limits of Control (2009), a personaxe de Tilda Swinton di que o filme non ten sentido.
  • A escena climática do salón dos espellos entrou como un tropo no cinema e foi replicada innumerables veces en filmes e na televisión.[7][8]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas