225088 Gonggong

obxecto trans-neptuniano

225088 Gonggong é un obxecto trans-neptuniano cunha magnitude absoluta (H) de 1,7.[4] Isto cualifícao coma un dos candidatos a planeta anano máis grandes: Mike Brown estima que ten un tamaño entre o de Sedna e o de Quaoar.[10] O anuncio do seu descubrimento foi feito público formalmente o 7 de xaneiro do ano 2009.[1]

Gonggong 🝽
(225088) Gonggong
Descubrimento e clasificación[1]
Descuberto poloM. E. Schwamb
M. E. Brown
D. L. Rabinowitz
Descuberto dende oObservatorio de Palomar
Descuberto o17-07-2007
anunciado: 07-01-2009
Designación no Mpc(225088) 2007 OR10
Categoría no MpcSDO[2]

resonancia 10:3? (DES)[3]

Características orbitais[4]
Época= 08-02-2011
Afelio100,79 UA) (Q)
(15,1 Tm)
Perihelio33,62 UA (q)
(5,03 Tm)
Eixo semi-maior67,21 UA (a)
(10,054 Tm)
Excentricidade0,50
Período orbital550,98 ax
Inclinación30,70°
Anomalía media101,0° (M)
Lonxitude do nodo ascendente336,86°
Argumento do perihelio207,18°
Características físicas
Diámetro875[5]–1400[6] km[4][7]
Tipo espectralvermello[8]
Albedo0,15 a 0,40 (rango asumido)
Magnitude aparente21,3[9]
Magnitude absoluta1,7[4]

Alcume

O equipo de Mike Brown alcumou a este obxecto coma Brancaneves, debido ó seu gran brillo.[10] Tamén alcumado polo equipo de Brown coma o sétimo anano, despois dos descubrimentos Quaoar no 2002, Sedna no 2003, Haumea e Orcus no 2004, e Makemake e Eris no 2005. En palabras de Brown, "realmente aínda no propuxemos ningún nome para el, por que non demos cun nome con suficiente significado.[10] Actualmente é o obxecto máis grande do Sistema Solar sen nome propio.

Características

2007 OR10 acadou o seu perihelio ó redor do ano 1856.[4] Actualmente está a unhas 86 UAs repecto do Sol.[9][11] Isto fai del o terceiro obxecto coñecido máis distante dentro do Sistema Solar, despois de Eris (97 UAs) e Sedna (88 UAs).[10] De feito, no 2013, estará máis afastado do Sol cá Sedna[11], e xa para o ano 2045, estará máis afastado do Sol cá Sedna e Eris,[12] moito máis tarde acadará o seu afelio, cara o ano 2130.[11]

Gonggong ten unha órbita semellante a do planeta anano Eris,[13] facendo del un obxecto do disco disperso.[2] Foi descuberto a través dunha procura de obxectos realizada na área que ocupaba Sedna.[14] Gonggong foi observado 46 veces, sete delas en oposición con imaxes recuperadas que nos retrotraen ó ano 1985.[4]

Erro: Cómpre especificar unha imaxe na primeira liña.

Órbita
frameless|center|upright=1.5
A órbita de Gonggong comparada coa órbita de Eris e Plutón].
Resonancia non confirmada

O movemento preliminar de Gonggong fica nunha resonancia orbital con Neptuno de 10:3. Esta resonancia non está confirmada e podería ser unha sinxela coincidencia que estivese preto dunha resonancia.[3]

O programa Deep Ecliptic Survey (DES) amosa a súa órbita nominal en resonancia 10:3 con Neptuno.[3]

O tamaño dun obxecto depende da súa magnitude absoluta (H) e do seu albedo (a cantidade de luz cun corpo reflicte). Gonggong ten unha magnitude absoluta (H) de 1,7.[4] Isto foi del un obxecto lixeiramente menos brillante cá Sedna (H=1,6; <1600 km)[15] e máis brillante cá Orcus (H=2,3; ~950 km).[16] É posible que Gonggong teña un tamaño entre o de Sedna e o de Quaoar (H=2,6).[10]

Gonggong é un dos obxectos trans-neptunianos máis vermellos que se coñecen.[8] Isto probablemente é debido á retención de metano.[8]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas