1500 metros

Os 1500 metros lisos é a proba estrela do medio fondo do actual atletismo.

Stuttgart, 2007.

Ata os anos oitenta do século XX foi dominada por corredores europeos e dende entón é practicamente un "couto privado" dos atletas africanos na modalidade masculina e das chinesas na modalidade feminina.

Na modalidade masculina forma parte do programa oficial dos Xogos Olímpicos modernos dende a súa primeira edición celebrada en Atenas en 1896. A modalidade feminina non debutou ata os Xogos celebrados en Múnic en 1972.

Mellores marcas mundiais

(Información actualizada a 10 de xuño de 2012)

Homes

marcaatletanacionalidadelugar da probadata
13'26"00Hicham El Guerrouj MarrocosRoma14-07-1998
23'26"34Bernard Lagat KenyaBruxelas24-08-2001
33'27"37Noureddine Morceli AlxeriaNiza12-07-1995
43'28"12Noah Ngeny KenyaZürich11-08-2000
53'28"95Fermín Cacho EspañaZürich13-08-1997
63'28"98Mehdi Baala FranciaBruxelas05-09-2003
73'29"02Daniel Kipchirchir Komen KenyaRoma14-07-2006
83'29"14Rashid Ramzi BahrainRoma14-07-2006
93'29"18Vénuste Niyongabo BurundiBruxelas22-08-1997
103'29"27Silas Kiplagat KenyaMónaco22-07-2010

Mulleres

marcaatletanacionalidadelugar da probadata
13'50"46Yunxia Qu ChinaPequín11-09-1993
23'50"98Bo Jiang ChinaShanghai18-10-1997
33'51"34Yinglai Lang ChinaShanghai18-10-1997
43'51"92Junxia Wang ChinaPequín11-09-1993
53'52"47Tatyana Kazankina Unión SoviéticaZürich13-08-1980
63'53"91Yin Lili ChinaShanghai18-10-1997
7.3'53"96Paula Ivan RomaníaSeúl01-10-1988
83'53"97Lixin Lan ChinaShanghai18-10-1997
93'54"23Olga Dvirna Unión SoviéticaKíiv27-07-1982
103'54"52Ling Zhang ChinaShanghai18-10-1997

Véxase tamén

Ligazóns externas