Èric Bertran
Èric Bertran, nado en Barcelona o 4 de abril de 1990, é un columnista e escritor catalán residente en Lloret de Mar.
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de abril de 1990 (34 anos) Barcelona, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor , político |
Lingua | Lingua catalá e lingua castelá |
Traxectoria
Bertran escribe semanalmente no diario e-noticies e quincenalmente no diario directo!cat. Asemade é creador e administrador do grupo catalanista elfènix, e formou parte do consello de redacción do semanario El Matí. Tamén dirixe o programa de actualidade Perspectiva en Radio Arenys.
É autor do libro Èric i l'Exèrcit del Fènix (2005), con máis de trece mil exemplares vendidos. Fíxose unha adaptación teatral, escrita por Víctor Alexandre e dirixida por Pere Planella, sobre a que se está preparando un proxecto cinematográfico. Máis recentemente publicou L'institut de la vergonya (2007).
En 2005 Xevi Mató rodou un documental sobre a historia que protagonizou Bertran cando a Audiencia Nacional de España o acusou de terrorismo por pedir o etiquetado en catalán a unhas empresas.[Cómpre referencia] O documental superou as 500.000 visitas, traduciuse ao inglés e recibiu o Premio "Segador do ano" (2006) e Jaume I de Acción Cultural do País Valenciano (2007).
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Web oficial de Èric Bertran Arquivado 28 de maio de 2021 en Wayback Machine. (en catalán)