Ágata Lys
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Margarita García San Segundo 3 de decembro de 1953 Valladolid, España |
Morte | 12 de novembro de 2021 (67 anos) Marbella, España |
Datos persoais | |
Outros nomes | Ágata Lys |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Valladolid |
Actividade | |
Ocupación | actriz |
Lingua | Lingua castelá |
Margarita García San Segundo, coñecida como Ágata Lys, nada en Valladolid o 3 de decembro de 1953 e finada o 12 de novembro de 2021[1], foi unha actriz española que gañou notoriedade a raíz dos seus destapes no cinema español do tardofranquismo así como pola súa participación no progama de TVE Un, dos, tres... responda otra vez (1972).
Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Valladolid e Arte Dramática en Madrid. Ao tempo que estudaba arte dramática debutou ante as cámaras de televisión como azafata del concurso Un, dos, tres... responda otra vez (1972), de TVE, onde impactou pola súa beleza e a súa voz. Non pasou desapercibida para a industria do cinema e ás poucas semanas deixou o programa para debutar no cinema.
As súas personaxes axiña quedaron marcadas pola espectacular presenza de Lys. Unha vez iniciada a transición e a normalización do cinema español despois de corenta anos de censura política e relixiosa converteuse nun mito. Tras esta etapa, en 1978 afastouse da gran pantalla, á que só volveu en contadas ocasións para colaborar en títulos como Los santos inocentes (1984), de Mario Camus, The Return of the Musketeers (1989), de Richard Lester, Taxi (1996) de Carlos Saura o Familia (1996), de Fernando León de Aranoa.
Ano | Título | Director |
---|---|---|
1972 | Detrás del silencio | Mario Bianchi |
1972 | Ella | Tulio de Michelli |
1972 | Un, dos, tres, dispara otra vez | Tulio de Michelli |
1972 | Vacaciones sangrientas | J.J. Bernos |
1972 | El juego del adulterio | Tato Romero Marchent |
1973 | El último viaje | De la Loma |
1973 | Las alegres vampiras de Vogel | Julio Pérez Tabernero |
1973 | Los fríos senderos del crimen | C. Aured |
1973 | Los Calatrava contra el imperio del crimen | Manuel Esteba |
1973 | Tres superhombres en el Oeste | Fred Martin |
1974 | Onofre | Luis María Delgado |
1974 | Sex o no sex | Julio Diamante |
1974 | La iniciación en el amor | Javier Aguirre |
1974 | Las marginadas | Iquino |
1974 | Me has hecho perder el juicio | Juan de Orduña |
1974 | Una mujer de cabaret | Pedro Lazaga |
1974 | La máscara de cuero | Mario Bianchi |
1975 | El valle de las viudas | F.Windder |
1975 | Último tango en Madrid | J.L. Madrid |
1975 | Sábado, chica, mote... ¡qué lío aquel! | J.L.Merino |
1975 | El erotismo y la informática | F.Merino |
1975 | La noche de los cien pájaros | R.R. Marchent |
1975 | Strip-tease a la inglesa | J.L.Madrid |
1975 | Pascualino Camarata, capitano di fragata | M. Amendola |
1976 | Las camareras | Joaquín Coll Espona |
1976 | Fango | Silvio F.Balbuena |
1976 | La nueva Marilyn | J.ª de la Loma |
1976 | Las desarraigadas | Lara Polop |
1976 | Sexi amor y fantasía | F. Domeneq |
1977 | El transexual | Pepe Lara |
1977 | Deseo carnal | Manuel Iglesias |
1977 | El huerto del francés | Jacinto Molina |
1977 | Avisa a Curro Jiménez | Rafael R. Marchent |
1978 | Trauma | Leon Climovski |
1978 | Pasión incofesable | Ramón Torrado |
1978 | Al fin solos, pero... | Antonio Jiménez Rico |
1979 | Una mujer y un cobarde | Silvio F. Balbuena |
1984 | Los santos inocentes | Mario Camus |
1989 | El regreso de los mosquiteros | Richard Lester |
1995 | Asunto interno | Carles Balaguer |
1996 | Taxi | Carlos Saura |
1996 | El fantasma de Elvis (curtametraxe) | Ángel García |
1996 | Familia | Fernando León de Aranoa |
1997 | Pintadas | Juan Sterlich |
2000 | Corazón de bombón | Álvaro Sáenz de Heredia |
2003 | Haz conmigo lo que quieras | Ramón de España |
2003 | Cómo afrontar con éxito una entrevista de trabajo (curta) | Gustavo G.Brusilovsky |
2004 | Mala uva | Javier Domingo |