Ácido lisofosfatídico
- Artigo
- Conversa
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Ácido lisofosfatídico | |
---|---|
(2-hidroxi-3-fosfonooxipropil) (Z)-octadec-9-enoato | |
Outros nomes LPA | |
Identificadores | |
Número CAS | 22002-87-5 |
PubChem | 5497152 |
MeSH | lysophosphatidic+acid |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C21H41O7P |
Masa molecular | 436,52 g/mol |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O ácido lisofosfatídico (LPA) é un derivado de fosfolípido que actúa na célula como molécula sinalizadora.[1][2] Está formado por un glicerol esterificado por un fosfato e un ácido graxo (só un, xa que o outro OH do glicerol queda libre)[3].
O ácido lisofosfatídico actúa como un potente mitóxeno debido á súa activación de tres receptores acoplados á proteína G de alta afinidade chamados receptores de lisofosfolípidos 1, 2 e 3 ou LPA1, LPA2 e LPA3 (tamén coñecidos como EDG2, EDG4, e EDG7). Ademais, descubríronse recentemente novos receptores como LPA4 (p2y9/GPR23), LPA5 (GPR92) e LPA6 (GPR87).
Debido á súa capacidade para estimular a proliferación celular, a sinalización aberrante con ácido lisofosfatídico foi asociada co cáncer por numerosas vías [4]. A desregulación da autotaxina ou dos receptores do ácido lisofosfatídico pode orixinar hiperproliferación, o cal pode contribuír á oncoxénese e metástase.
O ácido lisofosfatídico pode ser a causa de proídos [5] en persoas con doenzas colestáticas (co fluxo biliar anormal).
Despois da activación do receptor do ácido lisofosfatídico, a pequena GTPase Rho pode ser activada, activando seguidamente á Rho quinase. Isto pode levar á formación de fibras de estrés e á migración celular por medio da inhibición da miosina de cadea lixeira fosfatase.
Hai varias rutas potenciais parta a biosíntese de ácido lisofosfatídico, pero a mellor caracterizada é aquela na que actúa a lisofosfolipase D chamada autotaxina, a cal elimina o grupo colina da lsofosfatidilcolina.
O ácido lisofosfatídico é tamén un intermediario na síntese de ácido fosfatídico (que ten dous ácidos graxos).
Tipos de lípidos | |
---|---|
Xeral | |
Ácidos graxos | |
(Acil)glicéridos | |
Ceras | |
Fosfoglicéridos | |
Esfingolípidos | |
Glicolípidos | |
Esteroides | |
Terpenos | |
Eicosanoides | |
Compoñentes |
Identificadores |
|
---|