Ácido graxo omega-3

Os ácidos graxos omega-3 (ω-3) son un grupo de ácidos graxos poliinsaturados de cadea longa e de cadea moi longa que se atopan en alta proporción nos tecidos de certos peixes e mariscos; e nalgunhas fontes vexetais tales como o aceite de soia, o aceite de colza, as noces e as sementes de liñaza. Caracterízanse por ter un dobre enlace entre os carbonos 3 e 4 contando desde o final da molécula.

Aínda que os ácidos graxos omega-3 atópanse no peixe azul, ás veces tómanse en forma de suplemento dietético.
No mundo vexetal e cunha porcentaxe do 58-65% en omega-3, as sementes de chía posúen a concentración máis alta de omega-3 coñecida até o momento.

Características dietéticas

Demostrouse experimentalmente que o consumo de grandes cantidades de omega-3 aumenta considerablemente o tempo de coagulación do sangue, o cal explica por que en comunidades que consomen moitos alimentos con omega-3 (inuit, xaponeses, etc.) a incidencia de doenzas cardiovasculares é sumamente baixa.[1][2][3][4] Outro estudo concluíu que a inxesta dietética de ácidos graxos ω-3 reduce modestamente o curso da arteriosclerose coronaria en humanos.[5]

Algunhas experiencias suxiren que o consumo de omega-3 ten efectos beneficiosos sobre o cerebro. Tamén hai estudos que suxiren que o consumo de omega 3 durante do embarazo pode ter unha boa influencia no bebé. Altas cantidades poderían diminuír os efectos da depresión, e mesmo grupos de nenos en idade escolar aumentaron notablemente o seu rendemento despois de inxerir pastillas con aceite de peixe rico en omega 3.

O omega-3 é un compoñente engadido a certos alimentos funcionais que son enriquecidos artificialmente con omega-3 como pode ser o leite, o leite de soia, os ovos, etc.[6]

Lista de ácidos graxos omega−3

Nesta táboa aparecen os ácidos graxos omega−3 máis comúns atopados na natureza.

Nome comúnNúmero lipídicoNome químico
Ácido hexadecatrienoico (HTA)16:3 (n−3)Ácido todo-cis-7,10,13-hexadecatrienoico
Ácido α-linolénico (ALA)18:3 (n−3)Ácido todo-cis-9,12,15-octadecatrienoico
Ácido estearidónico (SDA)18:4 (n−3)Ácido todo-cis-6,9,12,15-octadecatetraenoico
Ácido eicosatrienoico (ETE)20:3 (n−3)Ácido todo-cis-11,14,17-eicosatrienoico
Ácido eicosatetraenoico (ETA)20:4 (n−3)Ácido todo-cis-8,11,14,17-eicosatetraenoico
Ácido eicosapentaenoico (EPA)20:5 (n−3)Ácido todo-cis-5,8,11,14,17-eicosapentaenoico
Ácido heneicosapentaenoico (HPA)21:5 (n−3)Ácido todo-cis-6,9,12,15,18-heneicosapentaenoico
Ácido docosapentaenoico (DPA)
(ácido clupanodónico)
22:5 (n−3)Ácido todo-cis-7,10,13,16,19-docosapentaenoico
Ácido docosahexaenoico (DHA)22:6 (n−3)Ácido todo-cis-4,7,10,13,16,19-docosahexaenoico
Ácido tetracosapentaenoico24:5 (n−3)Ácido todo-cis-9,12,15,18,21-tetracosapentaenoico
Ácido tetracosahexaenoico
(ácido nisínico)
24:6 (n−3)Ácido todo-cis-6,9,12,15,18,21-tetracosahexaenoico

Notas